CHANTADA TURISMO
  1. Concello
  2. >
  3. Turismo
  4. >
  5. Descubre
  6. >
  7. Festas, Feiras e Eventos
DESCUBRE
FESTAS, FEIRAS E EVENTOS
Eventos culturais, gastronómicos, deportivos, etc. que teñen lugar no noso concello durante todo o ano.
Anterior
Seguinte
DESCUBRE CHANTADA
|
DESCUBRE O QUE PODES FACER
DESCUBRE CHANTADA
|
DESCUBRE O QUE PODES FACER
Foto: Marga Piñeiro Díaz
Foto: Segundo Navaza Blanco
Foto: Segundo Navaza Blanco
Fotos: Asociación Amigos do Entroido Ribeirao
Foto: Asociación Amigos do Entroido Ribeirao
Foto: Segundo Navaza Blanco
Foto: Asociación Amigos do Entroido Ribeirao
Foto: Segundo Navaza Blanco
Foto: Marga Piñeiro Díaz
Anterior
Seguinte
Entroido Ribeirao

O Entroido Ribeirao é un dos entroidos máis antigos de Europa. O seu nome, ribeirao, provén da zona de ribeira onde aínda se festexa. En concreto, na parroquia de Santiago da Riba.

Celébrase en catro xornadas: domingo lambedoiro, domingo corredoiro, domingo de entroido e martes de entroido. Durante o seu transcurso recréase a escena do cobro das rendas señoriais, onde participan os Volantes (=señores), os Peliqueiros ou Maragatos (=gardiáns) e os Mecos (representan os oficios).

Os Peliqueiros abren paso coas súas correas aos Volantes, os cales portan na cabeza os puchos de grandes dimensións, decorados con vistosas flores e cintas de cores, denominadas colonias. Visten traxe amarelo e vermello e un cinto repleto de campaíñas do gando. Os Peliqueiros cóbrense con pelicas e farrapos, mentres zoscan a quen moleste aos Volantes. Finalmente, os Mecos encárganse de representar escenas satíricas sobre os oficios e roles sociais.

Enlaces

DESCUBRE CHANTADA
|
DESCUBRE O QUE PODES FACER
DESCUBRE CHANTADA
|
DESCUBRE O QUE PODES FACER
Anterior
Seguinte
Folión de Carros

Foi declarada Festa de Interese Turístico en 2002 e Ben de Interese Cultural en 2018.

Integrada no calendario das Festas Patronais de Chantada, é unha das exaltacións etnográficas máis destacadas da Península Ibérica.

O Folión de Carros é unha celebración de orixe descoñecida na que diferentes pandillas representan escenas antigas ligadas coa cultura da comarca de Chantada: traballos agrícolas (malla, sementeira, fiadeiro, etc.), oficios e labores relacionados coa transformación de todo tipo de materia (panadeiros, canteiros, carpinteiros, ferreiros, etc.), celebracións festivas (baile da vela, romaría do San Lucas, romaría do Faro, etc.), actividades comerciais e produtivas tradicionais (feiras, fábricas, locais de envasado, cafés, etc.), ou varias destas en conxunto.

As pandillas crean elas mesmas as estruturas sobre soportes móbiles (carros tradicionais ou plataformas de ferro) que despois desfilan polas rúas de Chantada, tiradas por unha xugada de vacas ou bois, a noite do Folión nun ambiente marcadamente festivo.

Descargas

Enlaces Relacionados nesta Web

Enlaces

DESCUBRE CHANTADA
|
FESTAS, FEIRAS E EVENTOS
Anterior
Seguinte
Feira do Viño de Chantada​

A primeira edición da Feira do Viño de Chantada celébrase o 12 de marzo de 1983. Xorde como resposta ao espírito de cambio que sofre o sector vinícola do sur da provincia de Lugo. O encargado de dar lectura ao pregón foi o catedrático e director do Museo do Pobo Galego don Antón Fraguas Fraguas.

Tralos primeiros anos aséntase como unha das feiras máis importantes da provincia. A finais dos anos noventa alcanza o despegue definitivo, impulsado pola creación da D. O. Ribeira Sacra.

Mantense na actualidade como a festa vinícola máis temperá do ano, atraendo a un gran número de persoas para degustar os caldos das adegas da zona.

Dentro da súa programación inclúense habitualmente catas comentadas, estands das adegas participantes e actuacións musicais (charangas, pasacalles, orquestras e grupos tradicionais).

Ler máis... Ler menos

Servizos Turísticos Relacionados

DESCUBRE CHANTADA
|
FESTAS, FEIRAS E EVENTOS
Anterior
Seguinte
Festa da Empanada

Dentro do marco das Festas Patronais, o último día, martes, tanto chantadinos como visitantes desprázanse ao castro de San Amaro. Aquí, nas proximidades da capela de San Lucas, nas inmediacións da vila, desfrutan dunha comida campestre onde a protagonista é a empanada.

A música corre a cargo de varias charangas que amenizan a festa.

Festas Patronais

As festas patronais celébranse na honra da Virxe do Carme a cuarta fin de semana do mes de agosto, abarcan de sábado a martes, e son as máis importantes de Chantada.

Nelas pódese desfrutar de fogos de artificio, orquestras, atraccións e actuacións do panorama musical galego e nacional.

O sábado ten lugar un dos actos máis relevantes destas celebracións, o Folión de Carros, declarado Festa de Interese Turístico (2002) e Ben de Interese Cultural (2018). O martes e último día das patronais, ten lugar a popular Festa da Empanada ao redor da capela de San Lucas, no castro de San Amaro.

FESTAS, FEIRAS E EVENTOS​
Fotos: Segundo Navaza Blanco
Fotos: Segundo Navaza Blanco
Fotos: Segundo Navaza Blanco
Fotos: Segundo Navaza Blanco
Fotos: Segundo Navaza Blanco
Fotos: Segundo Navaza Blanco
Fotos: Segundo Navaza Blanco
Fotos: Segundo Navaza Blanco
Fotos: Segundo Navaza Blanco
Fotos: Segundo Navaza Blanco
Fotos: Segundo Navaza Blanco
Fotos: Segundo Navaza Blanco
Anterior
Seguinte
FESTIVAIS
Castañazo Rock

O Castañazo Rock é un festival de música rock que se realiza en outono, entre finais de outubro e principios de novembro.

Ademais dun amplo cartel de concertos, conta con actividades paralelas como o Castañazo Infantil, o Certame de Cantos de Taberna, os Xogos Bravús, o magosto etc.

O festival dispón de zonas habilitadas de acampada para acoller aos participantes.

Servizos Turísticos Relacionados

Descargas

Enlaces

DESCUBRE CHANTADA
DESCUBRE O QUE
PODES FACER

Fotos: FICH / Didi Palmer
Fotos: FICH / Didi Palmer
Fotos: FICH / Didi Palmer
Fotos: FICH / Didi Palmer
Fotos: FICH / Didi Palmer
Fotos: FICH / Didi Palmer
Fotos: FICH / Didi Palmer
Anterior
Seguinte
FESTIVAIS
FICH

O FICH é un festival de música variada dentro da escena independente cuxos inicios se remontan ao ano 2010. Celébrase no mes de agosto.

Os concertos realízanse ao aire libre, nas rúas, xardíns e outros espazos públicos de Chantada. Desde fai uns anos, algúns concertos teñen lugar na zona da ribeira, en Tarrío, onde os asistentes poden desfrutar da música nunha singular paraxe.

Cada ano alcanza maior repercusión, aínda que segue sendo un festival sen pretensións de masificación.

Servizos Turísticos Relacionados

Descargas

Enlaces

DESCUBRE CHANTADA
FESTAS FEIRAS E EVENTOS

Fotos: Sacra Festival
Fotos: Sacra Festival
Fotos: Sacra Festival
Fotos: Sacra Festival
Fotos: Sacra Festival
Fotos: Sacra Festival
Anterior
Seguinte
FESTIVAIS
Sacra Festival

É un festival interdisciplinario que engloba música, danza, artes escénicas e formación, así como un espazo dedicado á gastronomía (catas de viño e degustación de produtos locais).

Ten lugar no verán, en espazos abertos á beira do río Miño, nun entorno privilexiado onde, ademais dos diversos espectáculos, a riqueza do seu patrimonio natural deleita aos asistentes.

O festival conta cunha zona de acampada gratuíta.

Foto: Javier Rosa
Foto: Javier Rosa
Foto: 17º Festival Ribeira Sacra
Foto: Javier Rosa
Foto: Javier Rosa
Anterior
Seguinte
FESTIVAIS
17º Ribeira Sacra Festival

Este festival estival ten lugar en diferentes puntos da Ribeira Sacra (Lugo e Ourense). Os concertos desfrútanse en espazos únicos como o Parador de Monforte de Lemos, o Catamarán de Doade, o Miradoiro de Santiorxo, algunhas adegas da D.O. Ribeira Sacra ou o Casco antigo de Chantada, entre outros.

Un evento que se desenvolve durante tres días cargados de programación, nun encontro con artistas destacados do panorama musical Indie e Pop, onde a música, o patrimonio e a gastronomía son claros protagonistas.

Servizos Turísticos Relacionados

Descargas

Enlaces

[themify_button style=”white themify_lightbox” link=”https://www.google.com/maps/embed?pb=!1m18!1m12!1m3!1d53978.12956889339!2d-7.784675792284917!3d42.599478630807724!2m3!1f0!2f0!3f0!3m2!1i1024!2i768!4f13.1!3m3!1m2!1s0xd3020104f123555%3A0x77b05e1095c0699e!2sChantada%2C%20Lugo!5e0!3m2!1ses!2ses!4v1625063948888!5m2!1ses!2ses”] Amosar Mapa [/themify_button]
DESCUBRE CHANTADA
DESCUBRE O QUE
PODES FACER
Fotos: Sacra Festival
Foto: Javier Rosa
Foto: Javier Rosa
Foto: 17º Festival Ribeira Sacra
Foto: Javier Rosa
Foto: Javier Rosa
Anterior
Seguinte
FESTIVAIS
17º Ribeira Sacra Festival

Este festival estival ten lugar en diferentes puntos da Ribeira Sacra (Lugo e Ourense). Os concertos desfrútanse en espazos únicos como o Parador de Monforte de Lemos, o Catamarán de Doade, o Miradoiro de Santiorxo, algunhas adegas da D.O. Ribeira Sacra ou o Casco antigo de Chantada, entre outros.

Un evento que se desenvolve durante tres días cargados de programación, nun encontro con artistas destacados do panorama musical Indie e Pop, onde a música, o patrimonio e a gastronomía son claros protagonistas.

Servizos Turísticos Relacionados

Descargas

Enlaces

DESCUBRE CHANTADA
|
FESTAS, FEIRAS E EVENTOS
DESCUBRE CHANTADA
FESTAS, FEIRAS E EVENTOS​
Foto: Segundo Navaza Blanco
Foto: Segundo Navaza Blanco
Foto: Santuario do Faro
Foto: Santuario do Faro
Foto: Santuario do Faro
Anterior
Seguinte
ROMARÍAS
Romaría da Nosa Señora do Faro

A romaría celébrase no santuario situado na cima do Monte Faro, a 1.155 m de altura.

Existen dúas celebracións para honrar á Virxe do Faro, unha delas o 15 de agosto e a outra o 8 de setembro, que é cando se festexa a romaría principal.

Os actos litúrxicos teñen lugar nas inmediacións da ermida, nun altar ao aire libre, debido á grande afluencia de fieis.

Os oficios relixiosos comparten protagonismo coa celebración lúdica.

Servizos Turísticos Relacionados

Descargas

Enlaces

Contidos Relacionados

Romaría do San Lucas

O San Lucas é unha romaría campestre que se celebra o 18 de outubro no castro de San Amaro, situado na freguesía de San Xillao do Mato.

Sobre o castro edificouse unha pequena capela dedicada a San Lucas, reformada no século XVIII. O seu interior custodia un retablo de estilo barroco.

Centos de romeiros, principalmente veciños do municipio, acoden en outubro a este lugar para honrar ao San Lucas.

Foto: Asociación de Santo Tomé de Merlán
Foto: Canle Ribeira Sacra
Foto: Canle Ribeira Sacra
Anterior
Seguinte
ROMARÍAS
Feira das Cabras de Merlán

A Feira das Cabras celébrase durante as festas na honra ao patrón da parroquia de Merlán, San Cibrán.

A súa orixe está asociada á tradición vinícola da zona, onde era costume fabricar odres de pel de cabra para transportar o viño desde os lagares da ribeira ata as casas.

Ademais, a carne de cabra consumíase cocida durante a época de vendimas. A cabra supoñía un importante motor económico para a parroquia, a través da súa venda directa ou mediante os produtos asociados a ela.

Esta festa mantén a tradición e contribúe á recuperación en Galicia da raza autóctona de Cabra Galega.

EVENTOS DEPORTIVOS
Andaina Solidaria Contra o Cancro

A “Ruta Solidaria Chantada Contra o Cancro” é unha andaina benéfica, anual e de dificultade baixa para desfrutar en familia. Está organizada pola Asociación Chantada Contra o Cancro en colaboración con outras empresas e colectivos de Chantada. A primeira edición celebrouse no mes de outubro de 2017.

Chantada contra o Cancro é unha asociación do sur de Lugo que dá apoio a pacientes e familiares afectados por esta enfermidade a través de atención psicolóxica, conferencias, obradoiros e actividades coma andainas que promoven unha vida saudable.

Andaina polo Corazón de Galicia

A Andaina polo Corazón de Galicia é un evento anual organizado polo Club Atletismo Chantada. O seu percorrido varía anualmente, escollendo lugares senlleiros do noso municipio para cada ocasión.

Grazas a esta iniciativa recupéranse camiños que levaban anos sen ser transitados, mantendo así o seu trazado e uso.

Ao longo do ano o club programará un total de catro andainas con percorridos variables, con formatos e camiños diferentes para o desfrute de todos os asistentes.

Todos os eventos serán publicados con antelación na ligazón do club.

Foto: Ana Ortega
Foto: Ana Ortega
Anterior
Seguinte
EVENTOS DEPORTIVOS
10 km no Corazón

A carreira popular de Chantada ten formato de circuíto urbano circular de 5 km, con dúas opcións de percorrido: unha volta de 5 km ou dúas voltas cun total de 10 km. O trazado ten saída e chegada na céntrica praza do Mercado, ao carón da Casa da Cultura.

Transcorre polo paseo fluvial e polas rúas do centro da vila, predominando ás do seu casco vello.

Este evento deportivo, organizado polo Club de Atletismo de Chantada, ten carácter anual.

Fotos: WSR
Fotos: WSR
Fotos: WSR
Fotos: WSR
Fotos: WSR
Fotos: WSR
Fotos: WSR
Fotos: WSR
Fotos: WSR
Anterior
Seguinte
EVENTOS DEPORTIVOS
Chantada Wolf Survival Race

A Chantada Wolf Survival Race é unha das citas ineludibles para os corredores das carreiras de obstáculos (OCR). As probas desenvólvense á beira do río Asma, na capital municipal.

Os participantes dispoñen de varias modalidades diferentes, con carreiras que varían en canto á dificultade e distancia.

Os eventos están destinados a todo tipo de corredores, quen porán a proba tanto as súas habilidades como a súa resistencia. Tamén hai un oco para os principiantes e os corredores populares, quen poderán realizar o percorrido.

Fotos: Escudería Chantada
Fotos: Escudería Chantada
Fotos: Escudería Chantada
Fotos: Escudería Chantada
Fotos: Escudería Chantada
Fotos: Escudería Chantada
Fotos: Escudería Chantada
Fotos: Escudería Chantada
Fotos: Escudería Chantada
Fotos: Escudería Chantada
Anterior
Seguinte
EVENTOS DEPORTIVOS
Subida a Chantada

Este consolidado evento deportivo organizado pola Escudería  Chantada atrae cada ano aos afeccionados ao mundo do motor. A competición forma parte do Campionato de España de Montaña.

A carreira transcorre por un sinuoso trazado en pleno corazón da Ribeira Sacra. O percorrido iníciase á beira do río Miño e, desde alí, ascende entre os característicos viñedos dispostos en bancais ata a capital municipal.

O día previo á competición, os automóbiles dos participantes expóñense na localidade para que o público poida velos.

Volta a Lugo Master

A Volta a Lugo Master é unha proba federada de ciclismo para categorías master de carácter nacional.

Consta de dúas etapas en liña e unha contra o reloxo individual, que discorren por diversas comarcas da Ribeira Sacra.

Adoita celebrarse o primeiro fin de semana do mes de abril e está organizada polo Club Ciclista Chantadino.

FEIRAS E MERCADOS
Feiras Mensuais e Mercado de Gando

Os días 5 e 21 de cada mes en Chantada celébranse a feira tradicional.

Neses días un mercado ambulante ocupa as rúas de da vila, principalmente a Avenida Xoán XIII, a rúa Formoso Lamas e a Alameda Costa Clavell rematando no Mercado Gandeiro.

O Mercado Gandeiro dispón de varios pavillóns e edificios dedicados á exposición e venda de gando, ademais de maquinaria e outros produtos relacionados coa agricultura e a gandería.

Acolle tamén un pavillón cuberto onde se pode mercar o polbo á feira acompañado de pan e viño, para consumilo nas propias instalacións ou para levar.

Mercado de Abastos

A praza de abastos de Chantada atópase en pleno centro urbano. Nos seus arredores atopamos bares, supermercados, panaderías, droguerías e diferentes tendas, polo que é unha zona moi transitada.

No seu interior pódense atopar produtos frescos de alimentación como carnes, pescados e mariscos.

O mercado inaugúrase o 8 de xaneiro de 1956, sendo alcalde José Joaquín Yebra-Pimentel. Deseñado polos arquitectos Luis Pérez Barja e José Álvarez Ude Aguirre, o edificio presenta unha planta rectangular, de catorce metros de ancho por vinte e catro de profundidade, e dous pisos.

Servizos Turísticos Relacionados

Descargas

CONTACTO