Situado sobre o meandro do Cabo do Mundo, unha pronunciada curva que describe o río Miño no seu percorrido, ofrece unha espectacular panorámica da zona de ribeira.
Nas proximidades atópanse o castro de Nogueira, xacemento da Idade de Ferro disposto sobre a cima do meandro, e a igrexa de Santa María de Nogueira de Miño, que atesoura no seu interior pinturas dos séculos XV e XVI.
O miradoiro conta cun panel explicativo.
Servizos Turísticos Relacionados
Descargas
Enlaces

O miradoiro sitúase na ladeira oeste do río Miño rodeado de viñedos, árbores froiteiras e castiñeiros.
Ofrece espectaculares vistas das aldeas de Belesar e da Ermida, esta última pendurada sobre o Miño.
Tamén se divisa o camiño dos Codos de Belesar, antigo trazado romano en zigzag para salvar o forte desnivel do terreo de ribeira, e polo que discorre o Camiño de Inverno a Santiago de Compostela.
Nas proximidades localízanse varias adegas e igrexas románicas.

Situado sobre o canón do río Miño, permite apreciar o sistema de cultivo da vide en bancais, característico da Ribeira Sacra.
Á esquerda divísanse as aldeas de Belesar e Bexán.
Nas proximidades atópanse varios templos románicos, entre os que destaca a igrexa de Santa María de Nogueira de Miño, que atesoura, no seu interior, pinturas dos séculos XV e XVI.

Situado nun enclave de gran beleza, permite divisar a Illa de Maiorga ou Sernande, unha elevación do terreo que quedou totalmente rodeada polas augas do río Miño, a consecuencia da construción do encoro dos Peares.
Dende aquí contémplase a aldea da Míllara, coas súas fermosas casas realizadas en xisto con coloridas ventás.
Nas proximidades atópanse varios templos románicos.

O Miradoiro do Monte Faro, localizado nun fermoso espazo natural integrado na Rede Natura 2000 e declarado Lugar de Importancia Comunitaria (LIC), permite divisar territorios pertencentes ás catro provincias galegas.
Nas proximidades, atópase a ermida da Nosa Señora do Faro, centro dunha multitudinaria romaría de gran tradición, que xa aparece mencionada nas cantigas do trobador do medievo Xohán de Requeixo.
Un dos paneis explicativos instalados no miradoiro, realizado polo artista coruñés Jorge Peteiro, consiste nun mural de cerámica policromada que recolle diversos motivos relacionados co patrimonio e a paisaxe da contorna.