CHANTADA TURISMO
DESCUBRE
O ROMÁNICO
No municipio de Chantada maniféstanse diferentes etapas cronolóxicas do románico rural. O seu rico patrimonio abarca desde as primeiras pegadas prerrománicas ata o apoxeo do estilo a través dos discípulos do mestre Mateo.
Vista aérea da igrexa
Fachada principal
Anterior
Seguinte
DESCUBRE CHANTADA
|
ROMÁNICO
DESCUBRE CHANTADA
|
ROMÁNICO
Anterior
Seguinte
Románico

No municipio de Chantada maniféstanse diferentes etapas cronolóxicas do románico rural.

O seu rico patrimonio abarca desde as primeiras pegadas prerrománicas ata o apoxeo do estilo a través dos discípulos do mestre Mateo.

Neste apartado ofrecémosvos tres rutas  diferenciadas segundo a zona na que están situadas as súas igrexas: Ruta da Ribeira, Ruta do Interior,  e Ruta da Montaña.

Descubre o noso patrimonio!

Servizos Turísticos Relacionados

Descargas

Contidos Relacionados na Web

Enlaces Externos

DESCUBRE
CHANTADA
ROMÁNICO
DESCUBRE CHANTADA
|
ROMÁNICO
Anterior
Seguinte
Románico

No municipio de Chantada maniféstanse diferentes etapas cronolóxicas do románico rural.

O seu rico patrimonio abarca desde as primeiras pegadas prerrománicas ata o apoxeo do estilo a través dos discípulos do mestre Mateo.

Neste apartado ofrecémosvos tres rutas  diferenciadas segundo a zona na que están situadas as súas igrexas: Ruta da Ribeira, Ruta do Interior e Ruta da Montaña.

Descubre o noso patrimonio!

Servizos Turísticos Relacionados

Descargas

Contidos Relacionados na Web

Enlaces Externos

DESCUBRE CHANTADA
|
ROMÁNICO
1. Santa María
de Pesqueiras
Vista aérea da igrexa
1. Santa María
de Pesqueiras
Fachada principal
1. Santa María
de Pesqueiras
Fachada sur
1. Santa María
de Pesqueiras
Portada sur
1. Santa María
de Pesqueiras
Tímpano
1. Santa María
de Pesqueiras
Detalles dos capiteis
1. Santa María
de Pesqueiras
Fiestra e canzorro na fachada sur
1. Santa María
de Pesqueiras
Replica da virxe románica desaparecida
1. Santa María
de Pesqueiras
Pinturas murais
1. Santa María
de Pesqueiras
Detalle do Xuízo Final
1. Santa María
de Pesqueiras
Detalle da Resurrección
1. Santa María
de Pesqueiras
Detalle da Resurrección
1. Santa María
de Pesqueiras
Detalle da Anunciación
2. San Salvador
de Asma
Fachada principal
2. San Salvador
de Asma
Fachada principal
2. San Salvador
de Asma
Muro norte
2. San Salvador
de Asma
Muro norte
2. San Salvador
de Asma
Ventá prerrománica
2. San Salvador
de Asma
Decoración zoomorfa e antropomorfa
2. San Salvador
de Asma
Decoración zoomorfa
2. San Salvador
de Asma
Artesoado
2. San Salvador
de Asma
Retablo maior renacentista
3. Santa María
de Camporramiro
Fachada principal
3. Santa María
de Camporramiro
Portada lateral
3. Santa María
de Camporramiro
Detalle da portada
3. Santa María
de Camporramiro
Cabeceira recta
3. Santa María
de Camporramiro
Fiestra da cabeceira
3. Santa María
de Camporramiro
Capitel vexetal
4. Santa María
de Nogueira
Fachada do s. XVII
4. Santa María
de Nogueira
Torre do campanario
4. Santa María
de Nogueira
Portada do muro sur
4. Santa María
de Nogueira
Pinturas murais do s. XVI
4. Santa María
de Nogueira
Pinturas murais do s. XVI
4. Santa María
de Nogueira
Pinturas murais do s. XVI
4. Santa María
de Nogueira
Detalle do Xuízo Final
4. Santa María
de Nogueira
Murais do Mestre de Nogueira
4. Santa María
de Nogueira
Xuízo Final
4. Santa María
de Nogueira
Murais do Mestre de Nogueira
4. Santa María
de Nogueira
Murais do Mestre de Nogueira
Anterior
Seguinte

Ruta das Igrexas Románicas da Ribeira

Algúns nomes de rúas ou lugares que figuran en Google Maps ou Wikiloc poden estar desactualizadas ou non corresponderse cos nomes oficiais.
RUTAS DO ROMÁNICO
Ruta da Ribeira
Vista aérea da igrexa
Fachada principal
Fachada sur
Portada sur
Tímpano
Detalles dos capiteis
Fiestra e canzorro na fachada sur
Replica da virxe románica desaparecida
Pinturas murais
Detalle do Xuízo Final
Detalle da Resurrección
Detalle da Resurrección
Detalle da Anunciación
Anterior
Seguinte

A igrexa de Pesqueiras é un claro exemplo do románico tardío do século XIII. Xunto ao templo existía un mosteiro de monxas bieitas do que non se conservan restos, aínda que si abundante documentación. Urraca Yánez é a primeira rexente coñecida a mediados do século XIII e Inés Guitián a última, trala anexión a San Paio de Antealtares (Santiago de Compostela) no 1499.

Presenta cabeceira semicircular e unha única nave. A súa fachada foi reconstruída con posterioridade. A portada sur exhibe decoración de clara filiación mateana, moi semellante a Santo Estevo de Ribas de Miño (O Saviñao).

No interior destacan as pinturas murais da cabeceira datadas no século XVI. Nelas represéntase a Anunciación, a Resurrección de Cristo e o Xuízo Final.

Fachada principal
Fachada principal
Muro norte
Muro norte
Ventá prerrománica
Decoración zoomorfa e antropomorfa
Decoración zoomorfa
Artesoado
Retablo maior renacentista
Anterior
Seguinte

Igrexa románica do século XII e mosteiro reedificado nos séculos XVII e XVIII. San Salvador foi fundado no século X como cenobio dúplice familiar. Dous séculos despois acóllese á regra bieita e, en 1496, incorpórase á Congregación de San Bieito de Valladolid.

Conserva cabeceira e nave única románica. A fachada principal foi reformada posteriormente. A portada sur de acceso ao claustro foi cegada trala desamortización.

Ademais, no muro norte consérvase parte dunha ventá prerrománica reutilizada co mesmo fin. A cabeceira exhibe diversa decoración zoomorfa e antropomorfa: aves, grifóns, cuadrúpedes e, incluso, varios capiteis nos que se representa a Sansón desqueixando ao león.

No interior destaca o retablo maior de estilo renacentista coa figura de San Salvador no centro e escenas da infancia de Cristo.

Fachada principal
Portada lateral
Detalle da portada
Cabeceira recta
Fiestra da cabeceira
Capitel vexetal
Anterior
Seguinte

No seu atrio descubríronse varias sepulturas antropomorfas que delatan a existencia dun templo anterior ao actual.

A igrexa segue o patrón do románico rural galego, no que se manifestan dúas etapas construtivas do século XIII. Na súa cabeceira recta observamos a delicada talla dun taller de filiación mateana e na portada, de casetóns, a pegada de Santa María de Castelo (Taboada).

Fachada do s. XVII
Torre do campanario
Portada do muro sur
Pinturas murais do s. XVI
Pinturas murais do s. XVI
Pinturas murais do s. XVI
Detalle do Xuízo Final
Murais do Mestre de Nogueira
Xuízo Final
Murais do Mestre de Nogueira
Murais do Mestre de Nogueira
Anterior
Seguinte

Templo románico de finais do século XII, con fachada reconstruída no século XVIII e torre campanario da mesma época. Presenta cabeceira recta con ventá completa ricamente adornada e nave única con cuberta a dúas augas. O muro sur conserva a portada románica, con tímpano decorado sobre dúas ménsulas zoomorfas.

Na cornixa sur obsérvase unha serpe ou anguía que persegue un peixe e variados canzorros con decoración animal e xeométrica.

O seu interior atesoura fermosas pinturas murais de estilo flamenco e manierista, realizadas por diversos mestres ao longo dos séculos XV e XVI. A policromía cobre por completo a cabeceira e a nave. Entre outras escenas represéntase o Xuízo Final, a Resurrección de Cristo, a Asunción, a Anunciación, a Oración no Horto, o Prendemento e a Flaxelación.

1. San Cristovo
de Fornas
Capitel de follas
1. San Cristovo
de Fornas
Capitel zoomorfo
2. San Martiño
de Mariz
Portada lateral
2. San Martiño
de Mariz
Capitel de follas
3. Santa María
de Arcos
Portada lateral
3. Santa María
de Arcos
Capitel vexetal
4. San Paio
de Muradelle
Tímpano da portada principal
4. San Paio
de Muradelle
Pía Bautismal
5. San Salvador
de Brigos
Canzorros baixo a cornixa
5. San Salvador
de Brigos
Capitel vexetal do arco triunfal
Anterior
Seguinte

Ruta das Igrexas Románicas do Interior

Algúns nomes de rúas ou lugares que figuran en Google Maps ou Wikiloc poden estar desactualizadas ou non corresponderse cos nomes oficiais.
RUTAS DO ROMÁNICO
Ruta do Interior

Capitel de follas
Capitel zoomorfo
Anterior
Seguinte

O topónimo de Fornas ten orixe nunha sepultura antropomorfa dobre localiza da nesta parroquia.

A igrexa presenta nave única e cabeceira recta, na que se localiza unha ventá completa con dous capiteis zoomorfos ornados, un cunha ave e o outro con dous grifóns afrontados. Destaca tamén a súa portada occidental, cun tímpano no que aparece gravada unha inscrición.

No interior, un grande arco triunfal con chambrana axadrezada apoia o seu peso sobre dúas robustas columnas embebidas. Un dos seus capiteis reitera o motivo zoomorfo exterior con grifóns afrontados, mentres que o seu oposto exhibe dous cuadrúpedes.

Portada lateral
Capitel de follas
Anterior
Seguinte

O pasado románico da igrexa de Mariz queda manifesto na súa portada lateral. Presenta unha única arquivolta con chambrana axadrezada, tímpano liso e dúas columnas ornadas con sinxelos capiteis de follas.

Portada lateral
Capitel vexetal
Anterior
Seguinte

O Templo conserva a portada lateral de estilo románico de finais do século XII. Consta dunha única arquivolta sobre columnas de fustes monólitos e capiteis vexetais.

Tímpano da portada principal
Pía Bautismal
Anterior
Seguinte

A igrexa sufriu constantes reformas que alteraron a súa fábrica románica de finais do século XII. Dela conserva dúas portadas e a pía bautismal.

Na fachada occidental ábrese a porta principal enmarcada por unha arquivolta lixeiramente peraltada. Esta apóiase sobre columnas ornadas con follas e con dous grifóns moi similares aos situados en Fornas e Brigos. Na parte central localízase un tímpano semicircular decorado con tres figuras sobre un fondo de estrelas. Todos os personaxes portan túnica e auréola do mesmo modo que na igrexa de Requeixo.

Canzorros baixo a cornixa
Capitel vexetal do arco triunfal
Anterior
Seguinte

A súa fábrica consta de nave única e cabeceira recta. Baixo a cornixa atopamos variados canzorros zoomorfos, antropomorfos, xeométricos e vexetais.

A portada principal conserva a esencia románica. Consta dunha única arquivolta enmarcada por unha moldura axadrezada e capiteis, ornado un con grifóns e o oposto con dúas aves e unha figura humana.

O interior atesoura un arco triunfal sobre robustas columnas decoradas con capiteis vexetais.

Ruta das Igrexas Románicas do Interior

Algúns nomes de rúas ou lugares que figuran en Google Maps ou Wikiloc poden estar desactualizadas ou non corresponderse cos nomes oficiais.