A
A primeira edición da Feira do Viño de Chantada celébrase o 12 de marzo de 1983. Xorde como resposta ao espírito de cambio que sofre o sector vinícola do sur da provincia de Lugo. O encargado de dar lectura ao pregón foi o catedrático e director do Museo do Pobo Galego don Antón Fraguas Fraguas.
Tralos primeiros anos aséntase como unha das feiras máis importantes da provincia. A finais dos anos noventa alcanza o despegue definitivo, impulsado pola creación da D. O. Ribeira Sacra.
Mantense na actualidade como a festa vinícola máis temperá do ano, atraendo a un gran número de persoas para degustar os caldos das adegas da zona.
Dentro da súa programación inclúense habitualmente catas comentadas, estands das adegas participantes e actuacións musicais (charangas, pasacalles, orquestras e grupos tradicionais).
Servizos Turísticos Relacionados
Descargas

Dentro do marco das Festas Patronais, o último día, martes, tanto chantadinos como visitantes desprázanse ao castro de San Amaro. Aquí, nas proximidades da capela de San Lucas, nas inmediacións da vila, desfrutan dunha comida campestre onde a protagonista é a empanada.
A música corre a cargo de varias charangas que amenizan a festa.

Contidos Relacionados