Na vila sobresae o casco histórico, un espazo de gran valor arquitectónico, que conserva belas construcións e casas antigas entre as que destacan as situadas na Praza do Cantón, Praza do Mercado (Casa de Lemos) e nos soportais das rúas Comercio e Dous de Maio.
Nas proximidades do casco histórico atópase o paseo fluvial do río Asma, que discorre por ambas as beiras na maior parte do seu trazado, nunha contorna natural de gran beleza e que nos conduce até O Sangoñedo, un espazo de lecer que conta con parque infantil e área recreativa.
Contidos Relacionados na Web
Enlaces Externos

Comezaremos o noso percorrido na Praza de Santa Ana, onde unha estatua do escultor Buciños que rende homenaxe á vendima, nos lembra que estamos nunha zona vitivinícola. Dende este lugar podemos achegarnos ata o Parque Eloísa Rivadulla, no que antigamente se celebraban as feiras de gando os días 5 e 21 de cada mes.
Para adentrarnos no centro histórico continuaremos polas rúas peonís Leonardo Rodríguez e Comercio ata a Praza do Mercado, na que se atopan a Casa de Lemos do século XVI e a igrexa parroquial de Santa Mariña, con fachada neoclásica. Neste punto temos a opción de achegarnos pola marxe esquerda da igrexa até a Praza da Paz e pola marxe dereita contemplar a Praza de España, máis coñecida como Praza do Cantón, coa Casa do Concello ao fondo. Finalmente, se optamos por continuar pola rúa porticada Dous de Maio chegaremos ata a Alameda Xavier Costa Clavell, para encontrarnos co río Asma e percorrer o seu paseo fluvial de 2 km de lonxitude, por ámbalas marxes, ata a área recreativa do Sangoñedo.
Servizos Turísticos Relacionados
Contidos Relacionados na Web