A Ribeira amósanos
O val do Miño ocupa o curso medio-alto deste río, condicionado polos encoros de Belesar e Os Peares.
Principais afluentes ao seu paso por Chantada son o río Asma, Lama e Enviande.
No tramo Belesar-Chantada, o Miño rexistra un profundo desnivel de 300 m respecto á zona cha.
As particularidades do microclima das ladeiras asolladas do val do Miño favorece o cultivo da vide. Para aproveitar as condicións ambientais e vencer a salvaxe orografía, énchense as ribeiras de bancais, contendo a terra con “muras”. Debido a esta intervención sobre o terreo, e á escasa mecanización que admite este traballo, as tarefas desenvolvidas neste espazo coñécense como “viticultura heroica”.
Servizos Turísticos Relacionados
Contidos Relacionados na Web
Chantada presenta tres unidades paisaxísticas: a serra do Faro (ao oeste), o val do Miño (ao leste) e a depresión central de Chantada.
O seu clima é oceánico de interior, de certa continentalidade térmica nas serras e máis mediterranizado nos fondos da ribeira. As montañas frean os ventos húmidos e diminúen a pluviosidade.
É a Dorsal Meridiana Galega de maior altitude de natureza granítica. Trátase dun cume redondeado e de suaves ladeiras, abundantes extensións de matogueira e bosque que acolle diversos hábitats, con toxos, monte baixo e importantes carballeiras.
DATOS DE INTERESE