CHANTADA
TURISMO
CHANTADA TURISMO
crespón
Chantada, Corazon de Galicia-verde
Descubre

Ribeira Sacra Natureza Románico Enoturismo Aloxamentos Sendeirismo Gastronomía

Benvidos á web oficial de Turismo do Concello de Chantada

A web oficial de Turismo do Concello de Chantada pretende ser un escaparate dende o que dar a coñecer a súa vila, co seu casco histórico, e o seu municipio, dominado por tres unidades paisaxísticas: A Serra do Faro (ao Oeste), o val do Miño (ao leste) e a depresión central de Chantada.

Benvidos á web oficial de Turismo do Concello de Chantada

No ano 2002, trala declaración no ano 2000 de Chantada como Municipio de Interese Turístico, ábrese a Oficina Municipal de Turismo de Chantada, situada na emblemática Casa de Lemos do século XVI, que foi restaurada polo arquitecto Manuel Gallego Jorreto.
Unha vez en funcionamento, o seus servizos céntranse na atención ao visitante, proporcionando información turística relevante sobre a vila e a súa contorna, destacando especialmente a Ribeira Sacra, comarca na que nos encadramos e que está a acadar un gran recoñecemento turístico grazas á candidatura a Patrimonio da Humanidade ante a UNESCO.
Outra das súas tarefas consiste en ofrecer apoio aos peregrinos e selado das credenciais do Camiño de Santiago así coma organizar e promover unha ampla variedade de actividades turísticas.
Situada na Casa da Cultura, a Oficina de Turismo, xunto coa Biblioteca Pública Municipal e a sala de exposicións, configuran un espazo que é, á súa vez, un recurso turístico en si mesmo.
VEN
DESCUBRE COMO CHEGAR
Como chegar a Chantada dende os principais aeroportos galegos, en autobús, tren, e en coche.
Chegar a Chantada
Estes son os xeitos que che suxerimos para chegar ao noso concello
COME
Amosámosche a nosa gastronomía e onde poder desfrutar dela
O Concello de Chantada posúe unha variada e deliciosa Gastronomía.
Gastronomía
Coñece a nosa variada e deliciosa gastronomía e onde desfrutar dela
DURME
ATOPA O TEU ALOXAMENTO
Durante a estancia en Chantada podes atopar o aloxamento que mellor encaixa coa túa maneira de viaxar.
Aloxamentos
Busca o teu aloxamento en Chantada
DESCUBRE CHANTADA
NATUREZA, ENOTURISMO, PATRIMONIO...
Situada xeograficamente no corazón de Galicia, Chantada tamén se caracteriza por estar en plena Ribeira Sacra. O concello atópase inzado de templos de estilo románico, nun marco natural incomparable poboado por soutos, carballeiras e viñedos dispostos en socalcos.
O laborioso cultivo da vide e as particularidades do microclima das ladeiras do val do Miño, marcan o carácter dos nosos viños.
Descubre o que podes facer
Desfruta da paisaxe, o patrimonio, a gastronomía e moito máis…
PLANIFICA
PLANIFICA A TÚA ESTANCIA
Chantada ofrece unha ampla variedade de actividades culturais, lúdicas e gastronómicas pensadas para ti. Na nosa web atoparás varios itinerarios para realizar a pé ou en coche descubrindo os recunchos do noso concello. Percorre as antigas rúas e prazas do casco vello, achégate á aldea de Belesar para deleitarte co canón do río Miño ou ascende ao cume do Monte Faro.
Itinerarios por Chantada
Propoñémosche itinerarios a pé e en coche polo concello de Chantada
PATRIMONIO E TRADICIÓNS
No concello de Chantada mantéñense festas de gran tradición como son o Folión de Carros, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, e o colorido Entroido Ribeirao, festexado na freguesía de Santiago da Riba. Anímate a visitarnos e descúbreas, non quedarás indiferente.
OFICINA DE TURISMO
A Oficina de Turismo de Chantada atópase na planta baixa do edificio da Casa da Cultura ou Casa de Lemos. Ofrece un servizo de información e promoción dos recursos turísticos e das actividades culturais e de lecer do municipio de Chantada e da Ribeira Sacra, co fin de facilitar a estadía dos visitantes.

HORARIO

Luns a Venres
10:00 a 14:00
16:00
a 18:00

Luns a Venres
09:00 a 15:00

Sábados, Domingos e Festivos
10:00 a 14:00

Sábados, Domingos e Festivos 10:00 a 14:00

Sábados
10:00 a 14:00

DESCARGAS
FOLLETOS, MAPAS E LISTADOS TURÍSTICOS
Ofrecémosche diversos recursos turísticos en formato pdf coma folletos, mapas, rueiros elistados de establecementos.
GUÍA TURÍSTICA DE CHANTADA
Guía turística editada polo Concello de Chantada.
ONDE COMER
Lista de restaurantes da zona de Chantada.
MAPA TURÍSTICO DO CONCELLO
Mapa de lugares de interese turístico de Chantada.
RUEIRO DA VILA
Rueiro de Chantada con puntos de interese e aloxamentos.
VÍAS DE COMUNICACIÓN
Mapa coas principais vías de comunicación co concello.
RUTA DOS VIÑEDOS DE BELESAR
Ruta homologada de sendeirismo polos viñedos de Belesar.
RUTA DO VIÑO
Destinos de interese gastronómico e vitivinícola da Ribeira Sacra.
ROMÁNICO EN RUTA
Rutas das Igrexas Románicas do municipio
DESCUBRE CHANTADA
|
DESCUBRE O QUE PODES FACER
DESCUBRE CHANTADA
|
DESCUBRE O QUE PODES FACER
Foto: Marga Piñeiro Díaz
Foto: Segundo Navaza Blanco
Foto: Segundo Navaza Blanco
Fotos: Asociación Amigos do Entroido Ribeirao
Foto: Asociación Amigos do Entroido Ribeirao
Foto: Segundo Navaza Blanco
Foto: Asociación Amigos do Entroido Ribeirao
Foto: Segundo Navaza Blanco
Foto: Marga Piñeiro Díaz
Anterior
Seguinte
Entroido Ribeirao

O Entroido Ribeirao é un dos entroidos máis antigos de Europa. O seu nome, ribeirao, provén da zona de ribeira onde aínda se festexa. En concreto, na parroquia de Santiago da Riba.

Celébrase en catro xornadas: domingo lambedoiro, domingo corredoiro, domingo de entroido e martes de entroido. Durante o seu transcurso recréase a escena do cobro das rendas señoriais, onde participan os Volantes (=señores), os Peliqueiros ou Maragatos (=gardiáns) e os Mecos (representan os oficios).

Os Peliqueiros abren paso coas súas correas aos Volantes, os cales portan na cabeza os puchos de grandes dimensións, decorados con vistosas flores e cintas de cores, denominadas colonias. Visten traxe amarelo e vermello e un cinto repleto de campaíñas do gando. Os Peliqueiros cóbrense con pelicas e farrapos, mentres zoscan a quen moleste aos Volantes. Finalmente, os Mecos encárganse de representar escenas satíricas sobre os oficios e roles sociais.

Enlaces

DESCUBRE CHANTADA
|
DESCUBRE O QUE PODES FACER
DESCUBRE CHANTADA
|
DESCUBRE O QUE PODES FACER
Anterior
Seguinte
Folión de Carros

Foi declarada Festa de Interese Turístico en 2002 e Ben de Interese Cultural en 2018.

Integrada no calendario das Festas Patronais de Chantada, é unha das exaltacións etnográficas máis destacadas da Península Ibérica.

O Folión de Carros é unha celebración de orixe descoñecida na que diferentes pandillas representan escenas antigas ligadas coa cultura da comarca de Chantada: traballos agrícolas (malla, sementeira, fiadeiro, etc.), oficios e labores relacionados coa transformación de todo tipo de materia (panadeiros, canteiros, carpinteiros, ferreiros, etc.), celebracións festivas (baile da vela, romaría do San Lucas, romaría do Faro, etc.), actividades comerciais e produtivas tradicionais (feiras, fábricas, locais de envasado, cafés, etc.), ou varias destas en conxunto.

As pandillas crean elas mesmas as estruturas sobre soportes móbiles (carros tradicionais ou plataformas de ferro) que despois desfilan polas rúas de Chantada, tiradas por unha xugada de vacas ou bois, a noite do Folión nun ambiente marcadamente festivo.

Enlaces Relacionados nesta Web

Enlaces