CHANTADA TURISMO
  1. Concello
  2. >
  3. Turismo
  4. >
  5. Planifica
PLANIFICA
PLANIFICA A TÚA ESTANCIA
Chantada ofrece unha ampla variedade de actividades culturais, lúdicas e gastronómicas pensadas para ti. Na nosa web atoparás varios itinerarios para realizar a pé ou en coche descubrindo os recunchos do noso concello. Percorre as antigas rúas e prazas do casco vello, achégate á aldea de Belesar para deleitarte co canón do río Miño ou ascende ao cume do Monte Faro.
Itinerarios por Chantada
Propoñémosche itinerarios a pé e en coche polo concello de Chantada
Vista aérea da igrexa
Fachada principal
Anterior
Seguinte
PLANIFICA
|
DESCUBRE OS ITINERARIOS QUE CHE PROPOÑEMOS
DESCUBRE CHANTADA
DESCUBRE OS ITINERARIOS QUE CHE PROPOÑEMOS
Escultura de Buciños na Praza Santa Ana
Parque Eloísa Rivadulla
Parque Eloísa Rivadulla
Rúa Leonardo Rodríguez
Rúa do Comercio
Praza do Mercado
Casa de Lemos
Praza da Paz
Igrexa de Santa Mariña
Praza do Cantón
Praza do Cantón
Rúa Dous de Maio
Rúa Dous de Maio
Casa de Lemos dende a rúa Dous de Maio
Praza da Alameda
Paseo fluvial
Parque do paseo fluvial
Parque do paseo fluvial
Parque do paseo fluvial
Paseo fluvial
Área recreativa do Sangoñedo
Área recreativa do Sangoñedo
Área recreativa do Sangoñedo
Anterior
Seguinte
Algúns nomes de rúas ou lugares que figuran en Google Maps ou Wikiloc poden estar desactualizadas ou non corresponderse cos nomes oficiais.
ITINERARIOS
Casco Histórico e Paseo Fluvial

Comezaremos o noso percorrido na Praza de Santa Ana, onde unha estatua do escultor Buciños que rende homenaxe á vendima, nos lembra que estamos nunha zona vitivinícola. Dende este lugar podemos achegarnos ata o Parque Eloísa Rivadulla, no que antigamente se celebraban as feiras de gando os días 5 e 21 de cada mes.

Para adentrarnos no centro histórico continuaremos polas rúas peonís Leonardo Rodríguez e Comercio ata a Praza do Mercado, na que se atopan a Casa de Lemos do século XVI e a igrexa parroquial de Santa Mariña, con fachada neoclásica. Neste punto temos a opción de achegarnos pola marxe esquerda da igrexa até a Praza da Paz e pola marxe dereita contemplar a Praza de España, máis coñecida como Praza do Cantón, coa Casa do Concello ao fondo. Finalmente, se optamos por continuar pola rúa porticada Dous de Maio chegaremos ata a Alameda Xavier Costa Clavell, para encontrarnos co río Asma e percorrer o seu paseo fluvial de 2 km de lonxitude, por ámbalas marxes, ata a área recreativa do Sangoñedo.

Algúns nomes de rúas ou lugares que figuran en Google Maps ou Wikiloc poden estar desactualizadas ou non corresponderse cos nomes oficiais.
PLANIFICA
|
DESCUBRE OS ITINERARIOS QUE CHE PROPOÑEMOS
DESCUBRE CHANTADA
DESCUBRE OS ITINERARIOS QUE CHE PROPOÑEMOS
Encoro de Belesar
Ribeiras de Pesqueiras
Igrexa de Sta. María de Pesqueiras
Sendeiro por Pesqueiras

Saímos da vila de Chantada pola Avda. de Lugo. Deberemos desviarnos pola estrada LU-P-1802 e continuar durante preto de 1,6 km. Continuamos por LU-P-1811 cara a San Fiz, pasando a carón da igrexa de Santo Tomé de Merlán.

Ao chegar a San Fiz de Asma seguimos pola estrada LU-P-1820 cara ao encoro de Belesar. A 900 m veremos unha casa de madeira, a carón da que parte unha ruta circular de sendeirismo, cunha lonxitude de 3 km, na contorna da Igrexa románica de Santa Mª de Pesqueiras. Desfrutaremos das fermosas paisaxes cara ao encoro de Belesar pasando por viñedos e soutos. Tamén podemos dirixirnos directamente á igrexa, que se atopa a 900 m do punto de partida.

De novo na estrada continuaremos até chegar ao encoro de Belesar, inaugurado en 1963, onde contemplaremos unha das obras de enxeñería máis singulares e importantes da súa época, que ten por obxecto o aproveitamento hidroeléctrico do río Miño.

Dende aquí, se optamos por regresar á vila de Chantada, deberemos cruzar por riba do muro de contención da presa para dirixirnos á estrada LU-533 que nos ofrece unha fermosa panorámica da zona de viñedos, a carón do río Miño. Neste traxecto podemos desviarnos cara á aldea de Belesar.

Ler máis... Ler menos
Algúns nomes de rúas ou lugares que figuran en Google Maps ou Wikiloc poden estar desactualizadas ou non corresponderse cos nomes oficiais.
PLANIFICA
|
DESCUBRE OS ITINERARIOS QUE CHE PROPOÑEMOS
DESCUBRE CHANTADA
DESCUBRE OS ITINERARIOS QUE CHE PROPOÑEMOS
Igrexa de San Salvador de Asma
Igrexa de San Salvador de Asma
Artesoado na igrexa de San Salvador de Asma
Igrexa de Camporramiro
Igrexa de Camporramiro
Miradoiro de Terra Branca
Miradoiro do Cabo do Mundo
Miradoiro da Illa de Sernande
Igrexa de Sta. María de Nogueira
Igrexa de Sta. María de Nogueira
Pinturas murais da igrexa de Nogueira
Pinturas murais da igrexa de Nogueira
Pinturas murais da igrexa de Nogueira
Pinturas murais da igrexa de Nogueira
Visita a adegas da zona
Visita a adegas da zona
Anterior
Seguinte
Algúns nomes de rúas ou lugares que figuran en Google Maps ou Wikiloc poden estar desactualizadas ou non corresponderse cos nomes oficiais.
ITINERARIOS
Canón do Río Miño

Na vila de Chantada, dirixímonos cara á Alameda Xavier Costa Clavell, onde atravesaremos as augas do río Asma sobre a ponte da estrada LU-P-1801. A 1,2 km atópase, á dereita, a igrexa románica de San Salvador de Asma.

Retomamos a estrada principal e continuamos en dirección aos Peares. A preto de 2 km, temos a opción de desviarnos á esquerda por Líncora até a aldea de Belesar, pola estrada LU-P-1804 ou continuar o noso percorrido cara aos Peares poderemos admirar o románico da igrexa de Camporramiro, visitar algunha adega, contemplar a paisaxe do Canón do río Miño dende os miradoiros de Terra Branca, Cabo do Mundo e Sernande e facer unha parada en Nogueira de Miño, na súa igrexa románica con interesantes pinturas murais do século XVI no seu interior.

Algúns nomes de rúas ou lugares que figuran en Google Maps ou Wikiloc poden estar desactualizadas ou non corresponderse cos nomes oficiais.
PLANIFICA
|
DESCUBRE OS ITINERARIOS QUE CHE PROPOÑEMOS
DESCUBRE CHANTADA
DESCUBRE OS ITINERARIOS QUE CHE PROPOÑEMOS
Desembocadura do Río Asma
Ribeiras e Adegas de San Fiz
Ribeiras de San Fiz
Ribeiras de San Fiz
Adegas de San Fiz
Ponte sobre o Río Miño
Adegas de San Fiz
Estrada LU-533 dirección Monforte de Lemos
Ribeiras de San Fiz
Aldea de Belesar
Aldea de Belesar
Ponte de Belesar
Ponte Belesar
Viñedos en Belesar
Aldea de Belesar
Aldea de Belesar
Ruta dos Viñedos de Belesar
Ruta dos Viñedos de Belesar
Anterior
Seguinte
Algúns nomes de rúas ou lugares que figuran en Google Maps ou Wikiloc poden estar desactualizadas ou non corresponderse cos nomes oficiais.
ITINERARIOS
Belesar por LU-533 cara a Monforte de Lemos

Saímos dende Chantada, por LU-533, cara a Monforte de Lemos discorrendo en paralelo ao curso do río Asma, antes da súa desembocadura no río Miño.

O percorrido lévanos á zona de viñedos, cunha impresionante panorámica das ladeiras de bancais, onde se cultiva a vide, para a elaboración de viño, pertencente á D.O. Ribeira Sacra. Durante o percorrido atoparemos varias adegas que é posible visitar.

Tras pasar unha área de descanso, un desvío condúcenos ata a ponte de San Fiz, nun percorrido sinuoso onde o viñedo é o protagonista. Tras cruzar a ponte, desviámonos á dereita para continuar cara á aldea de Belesar.

Desde este lugar poderemos realizar unha ruta fluvial, polo río Miño, no encoro dos Peares.

Continuamos en dirección á ponte de Belesar que deberemos cruzar. Unha vez na outra beira, temos a posibilidade de realizar a Ruta dos Viñedos de Belesar PRG-183 ou percorrer parte do Camiño de Inverno, a través da calzada romana dos Codos de Belesar.

Se optamos por regresar á vila de Chantada, podemos continuar pola estrada LU-P-1804 realizando a ruta Belesar por LU-P-1801 en sentido oposto. De camiño, atópase o miradoiro de Líncora.

Ler máis... Ler menos
Algúns nomes de rúas ou lugares que figuran en Google Maps ou Wikiloc poden estar desactualizadas ou non corresponderse cos nomes oficiais.
PLANIFICA
|
DESCUBRE OS ITINERARIOS QUE CHE PROPOÑEMOS
DESCUBRE CHANTADA
DESCUBRE OS ITINERARIOS QUE CHE PROPOÑEMOS
Viñedos en bancais
Mirador de Líncora
Adegas visitables
Aldea de Belesar
Aldea de Belesar
Aldea de Belesar
Ponte de Belesar
Embarcadoiro do Club Náutico de Belesar
Embarcadoiro do Club Náutico de Belesar
Ruta Fluvial en catamarán
Ruta Fluvial en lancha pneumática
Encoro dos Peares
Encoro dos Peares
Ponte de Portotide
Anterior
Seguinte
Algúns nomes de rúas ou lugares que figuran en Google Maps ou Wikiloc poden estar desactualizadas ou non corresponderse cos nomes oficiais.
ITINERARIOS
Belesar por LU-P-1801 dirección a Os Peares

Saímos da vila, por LU-P-1801 cara aos Peares. A preto de 2 km tomamos un desvío á esquerda por LU-P-1804, en dirección Belesar.

En Fondo de Vila desviámonos cara ao miradoiro de Líncora (a pé), que nos ofrece unha excelente panorámica das ribeiras do Miño e Belesar ao fondo.
Continuamos en dirección a Belesar, a través dunha estrada de gran pendente con numerosas curvas.

Algúns nomes de rúas ou lugares que figuran en Google Maps ou Wikiloc poden estar desactualizadas ou non corresponderse cos nomes oficiais.
PLANIFICA
|
DESCUBRE OS ITINERARIOS QUE CHE PROPOÑEMOS
DESCUBRE CHANTADA
DESCUBRE OS ITINERARIOS QUE CHE PROPOÑEMOS
Monte do Faro
Paisaxe agrícola da zona do Faro
Paisaxe agrícola da zona do Faro
Paisaxe agrícola da zona do Faro
Vexetación de montaña
Igrexa Románica de Requeixo
Igrexa Románica de Requeixo
Igrexa Románica de Requeixo
Igrexa Románica de Requeixo
Ermida da Nosa Señora do Faro
Ermida da Nosa Señora do Faro
Ermida da Nosa Señora do Faro
Miradoiro do Faro
Miradoiro do Faro
Miradoiro do Faro
Miradoiro do Faro
Vistas dende o Faro
Anterior
Seguinte
Algúns nomes de rúas ou lugares que figuran en Google Maps ou Wikiloc poden estar desactualizadas ou non corresponderse cos nomes oficiais.
ITINERARIOS
Ruta do Monte do Faro

Saímos da vila pola estrada LU-213. A preto de 3 km, tomamos desvío á esquerda, por LU- P-1002.

Durante 5 km gozaremos dunha paisaxe agrícola. Pouco despois de pasar a aldea de Carballizos, deberemos tomar un desvío á dereita, cara a Requeixo, seguindo os indicadores de Nosa Señora do Faro. Atravesaremos os lugares de Xillán de Arriba e Fondoreses.

Tras pasar esta última poboación, e despois de percorrer un par de quilómetros, desviarémonos á dereita cara a Fontela, onde se atopa a igrexa románica de Santiago de Requeixo.

Continuamos a nosa ruta para comezar cun ascenso que nos conducirá ata o cume do Monte do Faro, declarado Lugar de Importancia Comunitaria e Zona de Especial Protección dos Valores Naturais. Neste lugar atópase a ermida da Nosa Señora do Faro onde se celebra unha romaría no mes de Agosto  e o miradoiro do Faro.

Algúns nomes de rúas ou lugares que figuran en Google Maps ou Wikiloc poden estar desactualizadas ou non corresponderse cos nomes oficiais.