CHANTADA TURISMO
DESCUBRE
ENOTURISMO
O cultivo da vide e a elaboración do viño acadaron un novo pulo grazas á creación en 1996 da Denominación de Orixe Ribeira Sacra
Vista aérea da igrexa
Fachada principal
Anterior
Seguinte
DESCUBRE CHANTADA
|
DESCUBRE O QUE PODES FACER
DESCUBRE
CHANTADA
DESCUBRE O QUE
PODES FACER
Anterior
Seguinte
Enoturismo

O cultivo da vide e a elaboración do viño colleron un novo pulo coa creación en 1996 da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, na que se diferencian cinco subzonas: Amandi, Ribeiras do Miño, Quiroga-Bibei, Ribeiras do Sil e Chantada.

Esta última, conta cun bo número de adegas que producen viños de excelente calidade. Ademais, algunhas delas organizan visitas guiadas.

DESCUBRE CHANTADA
|
ENOTURISMO
Anterior
Seguinte
Feira do Viño de Chantada​

A primeira edición da Feira do Viño de Chantada celébrase o 12 de marzo de 1983. Xorde como resposta ao espírito de cambio que sofre o sector vinícola do sur da provincia de Lugo. O encargado de dar lectura ao pregón foi o catedrático e director do Museo do Pobo Galego don Antón Fraguas Fraguas.

Tralos primeiros anos aséntase como unha das feiras máis importantes da provincia. A finais dos anos noventa alcanza o despegue definitivo, impulsado pola creación da D. O. Ribeira Sacra.

Mantense na actualidade como a festa vinícola máis temperá do ano, atraendo a un gran número de persoas para degustar os caldos das adegas da zona.

 

Dentro da súa programación inclúense habitualmente catas comentadas, estands das adegas participantes e actuacións musicais (charangas, pasacalles, orquestras e grupos tradicionais).

Ler máis... Ler menos
Anterior
Seguinte
Feira do Viño de Chantada​

A primeira edición da Feira do Viño de Chantada celébrase o 12 de marzo de 1983. Xorde como resposta ao espírito de cambio que sofre o sector vinícola do sur da provincia de Lugo. O encargado de dar lectura ao pregón foi o catedrático e director do Museo do Pobo Galego don Antón Fraguas Fraguas.

Tralos primeiros anos aséntase como unha das feiras máis importantes da provincia. A finais dos anos noventa alcanza o despegue definitivo, impulsado pola creación da D. O. Ribeira Sacra.

Mantense na actualidade como a festa vinícola máis temperá do ano, atraendo a un gran número de persoas para degustar os caldos das adegas da zona.

Dentro da súa programación inclúense habitualmente catas comentadas, estands das adegas participantes e actuacións musicais (charangas, pasacalles, orquestras e grupos tradicionais).

Servizos Turísticos Relacionados

ADEGAS CON VISITAS GUIADAS
Anterior
Seguinte
A Mingona
Antonio do Nicho
NA RUTA DO VIÑO

A Mingona ten dispoñibles para as visitas dúas pequenas adegas de garda, a do “Antonio do Nicho” conservada como adega tradicional, cos apeiros cos que se traballaba antigamente, e a do“Garabito”

que arranxada para realizar catas con vistas ás ribeiras de San Fiz. Mantense nas dúas adegas a construción típica da ribeira.

Na Mingona apostan por un turismo sustentable, por iso, as visitas son para un máximo de seis persoas.

Na visita poderase ver unha adega tradicional + audiovisual + cata con vistas coñecendo a auténtica historia do Antonio do Nicho, unha experiencia 100% artesán, feito á man!

Ler máis... Ler menos

A 5,9 km de Chantada

Trascarreira, s/n
27516 San Fiz

ADEGAS CON VISITAS GUIADAS
Anterior
Seguinte
Adegas Amedo
NA RUTA DO VIÑO

A adega atópase na ribeira de San Fiz.

Conta con 12 hectáreas de viñedo propio, distribuído nas proximidades da adega e noutros puntos da ribeira do Miño, denominados Viña do Inferno, Viña do Pousadoiro e Viña do Abeado.

Complementan os seus viños coa produción de augardentes.

 

Ademais, Enoturismo Adegas Amedo ofrece xornadas personalizadas con múltiples posibilidades e experiencias en familia, parella ou amigos.

Ler máis... Ler menos

A 4,3 km de Chantada

Lugar de Tarrío, S/N
27516 San Fiz de Asma

ADEGAS CON VISITAS GUIADAS
Anterior
Seguinte
Adega Castrofiz
NA RUTA DO VIÑO
Pequena adega situada na ribeira de San Fiz, no Castro da Arribada. Nunha contorna singular, flanqueada polos ríos Miño e Asma, pódense degustar os seus caldos mentres se desfruta dunhas vistas privilexiadas.

A 5,6 km de Chantada

Estrada LU-617,  km 25,3
27516 San Fiz de Asma

ADEGAS CON VISITAS GUIADAS
Anterior
Seguinte
Adegas Condado de Sequeiras
NA RUTA DO VIÑO

A adega Condado de Sequeiras, fundada no ano 2003, está situada nunha contorna privilexiada para o cultivo dos viñedos, dispostos en bancais nas beiras do río Miño.

Atópase dentro da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, na subzona de Chantada.

 

Condado de Sequeiras posúe un espectacular viñedo no lugar de Esperón, con nove hectáreas cultivadas en terraza.

Ler máis... Ler menos

A 5,2 km de Chantada

Sequeiras 1
27514 Camporramiro

ADEGAS CON VISITAS GUIADAS
Anterior
Seguinte
Adega Diego
de Lemos · Pincelo
NA RUTA DO VIÑO

As adegas atópanse no lugar de Pincelo, na ribeira do Miño. Contan con 9 hectáreas de viñedo ecolóxico, tratado de forma natural e sen aditivos químicos.

En concreto, Diego de Lemos foi no ano 2002 o primeiro viño ecolóxico certificado de Galicia.
Ademais, destilan e elaboran licores tradicionais e ecolóxicos de Galicia: augardente, augardente de herbas e licor café.

A 8,6 km de Chantada

Pincelo
27516 A Sariña

ADEGAS CON VISITAS GUIADAS
Anterior
Seguinte
Adega do Veiga
NA RUTA DO VIÑO

Adega do Veiga intégrase nun proxecto agroecolóxico na parroquia de Belesar. Con el, búscase a posta en valor de produtos locais nunha contorna sostible.