Vista aérea de la iglesia
Fachada principal
No municipio de Chantada maniféstanse diferentes etapas cronolóxicas do románico rural.
O seu rico patrimonio abarca desde as primeiras pegadas prerrománicas ata o apoxeo do estilo a través dos discípulos do mestre Mateo.
Neste apartado ofrecémosvos tres rutas diferenciadas segundo a zona na que están situadas as súas igrexas: Ruta da Ribeira, Ruta do Interior, e Ruta da Montaña.
Descubre o noso patrimonio!
Servizos Turísticos Relacionados
Descargas
Contidos Relacionados na Web
Enlaces Externos
No municipio de Chantada maniféstanse diferentes etapas cronolóxicas do románico rural.
O seu rico patrimonio abarca desde as primeiras pegadas prerrománicas ata o apoxeo do estilo a través dos discípulos do mestre Mateo.
Neste apartado ofrecémosvos tres rutas diferenciadas segundo a zona na que están situadas as súas igrexas: Ruta da Ribeira, Ruta do Interior e Ruta da Montaña.
Descubre o noso patrimonio!
Servizos Turísticos Relacionados
Descargas
Contidos Relacionados na Web
Enlaces Externos
Algunos nombres de calles o lugares que figuran en Google Maps o Wikiloc pueden estar desactualizados o no coincidir con los nombres oficiales.
Vista aérea de la iglesia
Fachada principal
Fachada sur
Portada sur
Tímpano
Detalles de los capiteles
Ventana y canecillo en la fachada sur
Réplica de la virgen románica desaparecida
Pinturas murales
Detalle del Juicio Final
Detalle de la Resurrección
Detalle de la Resurrección
Detalle de la Anunciación
A igrexa de Pesqueiras é un claro exemplo do románico tardío do século XIII. Xunto ao templo existía un mosteiro de monxas bieitas do que non se conservan restos, aínda que si abundante documentación. Urraca Yánez é a primeira rexente coñecida a mediados do século XIII e Inés Guitián a última, trala anexión a San Paio de Antealtares (Santiago de Compostela) no 1499.
Presenta cabeceira semicircular e unha única nave. A súa fachada foi reconstruída con posterioridade. A portada sur exhibe decoración de clara filiación mateana, moi semellante a Santo Estevo de Ribas de Miño (O Saviñao).
No interior destacan as pinturas murais da cabeceira datadas no século XVI. Nelas represéntase a Anunciación, a Resurrección de Cristo e o Xuízo Final.
Fachada principal
Fachada principal
Muro norte
Muro norte
Ventana prerrománica
Decoración zoomorfa y antropomorfa
Decoración zoomorfa
Artesonado
Retablo mayor renacentista
Igrexa románica do século XII e mosteiro reedificado nos séculos XVII e XVIII. San Salvador foi fundado no século X como cenobio dúplice familiar. Dous séculos despois acóllese á regra bieita e, en 1496, incorpórase á Congregación de San Bieito de Valladolid.
Conserva cabeceira e nave única románica. A fachada principal foi reformada posteriormente. A portada sur de acceso ao claustro foi cegada trala desamortización.
Ademais, no muro norte consérvase parte dunha ventá prerrománica reutilizada co mesmo fin. A cabeceira exhibe diversa decoración zoomorfa e antropomorfa: aves, grifóns, cuadrúpedes e, incluso, varios capiteis nos que se representa a Sansón desqueixando ao león.
No interior destaca o retablo maior de estilo renacentista coa figura de San Salvador no centro e escenas da infancia de Cristo.
Fachada principal
Portada lateral
Detalle de la portada
Cabecera recta
Ventana de la cabecera
Capitel vegetal
No seu atrio descubríronse varias sepulturas antropomorfas que delatan a existencia dun templo anterior ao actual.
A igrexa segue o patrón do románico rural galego, no que se manifestan dúas etapas construtivas do século XIII. Na súa cabeceira recta observamos a delicada talla dun taller de filiación mateana e na portada, de casetóns, a pegada de Santa María de Castelo (Taboada).
Fachada do s. XVII
Torre del campanario
Portada del muro sur
Pinturas murales do s. XVI
Pinturas murales do s. XVI
Pinturas murales do s. XVI
Detalle del Juicio Final
Murales del Maestro de Nogueira
Juicio Final
Murales del Maestro de Nogueira
Murales del Maestro de Nogueira
Templo románico de finais do século XII, con fachada reconstruída no século XVIII e torre campanario da mesma época. Presenta cabeceira recta con ventá completa ricamente adornada e nave única con cuberta a dúas augas. O muro sur conserva a portada románica, con tímpano decorado sobre dúas ménsulas zoomorfas.
Na cornixa sur obsérvase unha serpe ou anguía que persegue un peixe e variados canzorros con decoración animal e xeométrica.
O seu interior atesoura fermosas pinturas murais de estilo flamenco e manierista, realizadas por diversos mestres ao longo dos séculos XV e XVI. A policromía cobre por completo a cabeceira e a nave. Entre outras escenas represéntase o Xuízo Final, a Resurrección de Cristo, a Asunción, a Anunciación, a Oración no Horto, o Prendemento e a Flaxelación.

O topónimo de Fornas ten orixe nunha sepultura antropomorfa dobre localiza da nesta parroquia.
A igrexa presenta nave única e cabeceira recta, na que se localiza unha ventá completa con dous capiteis zoomorfos ornados, un cunha ave e o outro con dous grifóns afrontados. Destaca tamén a súa portada occidental, cun tímpano no que aparece gravada unha inscrición.
No interior, un grande arco triunfal con chambrana axadrezada apoia o seu peso sobre dúas robustas columnas embebidas. Un dos seus capiteis reitera o motivo zoomorfo exterior con grifóns afrontados, mentres que o seu oposto exhibe dous cuadrúpedes.
O pasado románico da igrexa de Mariz queda manifesto na súa portada lateral. Presenta unha única arquivolta con chambrana axadrezada, tímpano liso e dúas columnas ornadas con sinxelos capiteis de follas.
O Templo conserva a portada lateral de estilo románico de finais do século XII. Consta dunha única arquivolta sobre columnas de fustes monólitos e capiteis vexetais.
A igrexa sufriu constantes reformas que alteraron a súa fábrica románica de finais do século XII. Dela conserva dúas portadas e a pía bautismal.
Na fachada occidental ábrese a porta principal enmarcada por unha arquivolta lixeiramente peraltada. Esta apóiase sobre columnas ornadas con follas e con dous grifóns moi similares aos situados en Fornas e Brigos. Na parte central localízase un tímpano semicircular decorado con tres figuras sobre un fondo de estrelas. Todos os personaxes portan túnica e auréola do mesmo modo que na igrexa de Requeixo.
A súa fábrica consta de nave única e cabeceira recta. Baixo a cornixa atopamos variados canzorros zoomorfos, antropomorfos, xeométricos e vexetais.
A portada principal conserva a esencia románica. Consta dunha única arquivolta enmarcada por unha moldura axadrezada e capiteis, ornado un con grifóns e o oposto con dúas aves e unha figura humana.
O interior atesoura un arco triunfal sobre robustas columnas decoradas con capiteis vexetais.