O Concello de Chantada dispón dun servizo gratuíto de recollida porta a porta para facilitar a retirada de plásticos agrícolas e enseres domésticos, co fin de garantir a súa correcta xestión e evitar depósitos inadecuados.
Para solicitar a recollida, as persoas interesadas deberán chamar ao teléfono do Punto Limpo. A través deste contacto facilitaráselles a información necesaria sobre o funcionamento do servizo, as indicacións correspondentes e o día previsto para a recollida.
- Chame ao teléfono do Punto Limpo. (670 05 22 57)
- Indique se a recollida é de plásticos agrícolas ou de enseres.
- O persoal do servizo informaralle sobre o procedemento e comunicaralle a data de recollida.
Este servizo permite mellorar a limpeza do municipio, favorecer a reciclaxe e asegurar unha xestión axeitada dos residuos.
- Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos.
- Aceite doméstico (vexetal).
- Pinturas, disolventes e aerosois.
- Fluorescentes.
- Lámpadas de baixo consumo.
- Radiografías.
- Pilas e baterías.
- Cartuchos de tinta e tóner.
- Cápsulas de café.
- CD e DVD.
O listado de residuos aceptados e non aceptados pode variar sen previo aviso, para maior seguridade e evitar molestias, antes de levalos ao punto limpo é aconsellable chamar ao teléfono que figura nesta páxina.
Para a recollida a domicilio tanto de plásticos agrícolas coma de enseres domésticos é preciso chamar ao teléfono facilitado nesta páxina, un operario do punto limpo obterá a información necesaria para concertar unha data e efectuar este servizo.
- Zona Videovixiada
CONTACTO
ENDEREZO
O Seixo, San Xurxo de Asma
27518 Chantada
TELÉFONO
670 05 22 57
HORARIO
Luns a Venres
8:00 a 15:00
Luns a Venres
9:00 a 13:00 – 14:30 a 18:00







