O Concello de Chantada pon á disposición da veciñanza un servizo de puntos limpos de proximidade e puntos limpos móbiles co obxectivo de facilitar a correcta xestión de determinados residuos domésticos especiais.
Este servizo permite achegar os residuos a espazos habilitados, tanto na vila como nas parroquias do concello.
Existen dous puntos limpos de proximidade situados no casco urbano de Chantada, nas seguinte localizacións:
- Avda. de Monforte
- Praza Catro Camiños
Ademais, o Concello conta con dous puntos limpos móbiles, dotados con sistema de GPS para o seu control, que se desprazarán polas distintas parroquias do municipio.
En cada localización permanecerán durante un período de 15 días, segundo o cronograma establecido.
- Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos.
- Aceite doméstico (vexetal).
- Pinturas, disolventes e aerosois.
- Fluorescentes.
- Lámpadas de baixo consumo.
- Radiografías.
- Pilas e baterías.
- Cartuchos de tinta e tóner.
- Cápsulas de café.
- CD e DVD.
O listado de residuos aceptados e non aceptados pode variar sen previo aviso, para maior seguridade e evitar molestias, antes de levalos ao punto limpo é aconsellable chamar ao teléfono que figura nesta páxina.
Para a recollida a domicilio tanto de plásticos agrícolas coma de enseres domésticos é preciso chamar ao teléfono facilitado nesta páxina, un operario do punto limpo obterá a información necesaria para concertar unha data e efectuar este servizo.
- Zona Videovixiada
CONTACTO
ENDEREZO
O Seixo, San Xurxo de Asma
27518 Chantada
TELÉFONO
670 05 22 57
HORARIO
Luns a Venres
8:00 a 15:00
Luns a Venres
9:00 a 13:00 – 14:30 a 18:00







