Medio Ambiente
Medio Ambiente
PUNTO LIMPO
Punto Limpo

Punto Limpo de Chantada é un sevizo que ofrece o concello, dotado dunhas instalacións e un equipamento axeitado para a recepción, separación selectiva e almacenamento temporal de residuos de orixe doméstica de características especiais.

O seu obxectivo fundamental é facilitar aos cidadáns un espazo para a achega voluntaria de residuos que non poden ser xestionados de xeito convencional, ben polo seu tamaño (residuos voluminosos) ou a súa composición (residuos perigosos).

No punto limpo sepáranse os distintos residuos segundo a súa tipoloxía, facilitando o seu tratamento e valorización. Evitando deste xeito os vertedoiros e os verteduras incontroladas á rede de sumidoiros pública, favorecendo a protección e mellora do medio ambiente.

Residuos non perigosos
Residuos perigosos
Residuos de aparatos eléctricos e electrónicos
DESCARGAS E ENLACES

CONTACTO

ENDEREZO

O Seixo, San Xurxo de Asma
27518 Chantada

TELÉFONO

670 05 22 57

HORARIO

Luns a Venres
9:00 a 13:00 – 14:30 a 18:30

Os horarios aquí reflectidos poden sufrir variacións, para maior seguridade, consulte nos medios de contacto facilitados.

Comments are closed.

Pechar fiestra de busca