
DO RÍO ASMA

Destaca entre tódalas zonas verdes de Chantada o Paseo Fluvial do Río Asma que, integrado no casco urbano, ten unha extensión de máis de 8.000 m2 de zonas axardinadas e espazos de lecer.
Percorre a vila polo sur dende o Parque da Alameda até a o Parque do Sangoñedo, conducíndonos polas dúas beiras do Asma cheas de vizosa vexetación, paisaxe arborado e varias pontes que o atravesan durante case 3 km de percorrido circular que se poden desfrutar a varios niveis, incluso á beira do río.
Posúe abondosos tramos con arboredo que proporciona sombra e asentos para o descanso e fontes públicas de auga potable, un tramo de carril bici e un Parque Biosaludable. A iluminación durante todo o paseo permite o seu desfrute mesmo de noite.
- 1 Parque Biosaludable.
- Acceso a bar con terraza.
- Acceso a servicios públicos.
- Asentos con sombra.
- Zonas arboradas.
- Acceso a piscinas públicas.
- Alumeado nocturno.
- Fontes de auga potable.
- Tramos de carril bici.
- Accesible para persoas con movilidade reducida.
SITUACIÓN
Paseo Fluvial do Río Asma
CONCELLO DE CHANTADA | PARQUES E XARDÍNS
ENDEREZO
Praza do Cantón, 1
27500 Chantada
TELÉFONO
982 44 00 11