Dende a Concellería de Deportes do Concello de Chantada e en nome de todo o equipo que forma parte do Servizo Municipal de Deportes, dámosvos a benvida.
O deporte significa benestar físico e psíquico, en definitiva, significa vida, por iso a nosa máxima prioridade, dende xa hai moitos anos, é atender ás necesidades de cada un dos usuarios que practican actividade física e deportiva en Chantada.
Dende a Concellería de Deportes do Concello de Chantada e en nome de todo o equipo que forma parte do Servizo Municipal de Deportes, dámosvos a benvida.
O deporte significa benestar físico e psíquico, en definitiva, significa vida, por iso a nosa máxima prioridade, dende xa hai moitos anos, é atender ás necesidades de cada un dos usuarios que practican actividade física e deportiva en Chantada.Dende os máis pequenos ata os nosos maiores, se poden beneficiar do amplo número de actividades que ofrecemos, facendo que sexa cada vez máis a xente que ano tras ano confía nos nosos servizos e instalacións para realizalas.
Queremos trasladar unha mensaxe de permanente colaboración aos clubs deportivos, pola súa importante labor dende hai moitos anos e por iso, nos nosos orzamentos, destinamos axudas para contribuír a que continúen con ela. Non nos esquecemos dos colectivos que día tras día coordinan eventos que dan vida, entretemento e saúde á xente de Chantada.
Contamos cunhas instalacións a pleno rendemento e traballamos para que se manteñan en perfecto estado, mellorándoas, modernizándoas e dotándoas dun persoal próximo, profesional e moi cualificado.
Parece unha utopía, pero con traballo, dedicación e esforzo conseguimos manter as Escolas Deportivas de Chantada coma todo un referente na nosa provincia dende o ano 1994.
Desexamos contar coa vosa confianza e participación.
Belén Vázquez Caseiro
Concelleira de Deportes
CONTACTO
ENDEREZO
Praza do Cantón, 1
27500 Chantada
TELÉFONO
982 44 00 11