Clubs Deportivos
Clubs Deportivos
Anterior
Seguinte
CB Chantada
CB Chantada
Anterior
Seguinte

O club fúndase en 1988 baixo o nome Club Baloncesto Chantada “Chataca”, que foi o primeiro patrocinador do club, sendo o seu primeiro presidente Baudilio Penas Sánchez.

O equipo debuta en categoría provincial, quedando campións dous anos consecutivos e logrando o ascenso á categoría autonómica cunha plantilla totalmente chantadina.

Durante os anos seguintes o equipo refórzase con xente coñecida do baloncesto galego como Pepe Abelleira ou Fran Alonso, ambos ex xogadores de 1ª División.

Na temporada 95-96 faise cargo do club no apartado técnico José Alberto Fafián Lemos, quen levará ao club a alcanzar os seus maiores éxitos a nivel deportivo. Comezará en categoría provincial, acadando esa mesma temporada o ascenso a categoría autonómica.

Na actualidade o Ucoga Seguros C.B Chantada-Ensino pertence a grupo de clubs que forman a Liga EBA, sendo o equipo galego máis antigo nesta competición, con deportistas da talla de Manuel Sánchez Somoano, un veterano nado en Asturias e afincado na vila dende 2006 nesta liga xogando 14 anos initerrumpidos no equipo chantadino e 487 partidos desputados na mesma liga.

CONTACTO

ENDEREZO

Plaza Lamas Carvajal, 1
Pavillón Municipal de Deportes
27500 Chantada

TELÉFONO

982 46 21 12

Comments are closed.

Pechar fiestra de busca