Infraestructuras
Infraestructuras
Anterior
Siguiente
Oficina de Rehabilitación del Casco Antiguo
Oficina de Rehabilitación
del Casco Antiguo
Anterior
Siguiente

La Oficina de Rehabilitación del Casco Antiguo es el resultado de una política de ayudas que tienen como objetivo frenar y paliar el deterioro que sufren los edificios del casco antiguo y revitalizar uno de los aspectos más representativos del carácter de la villa.

El casco histórico limita al norte con la plaza de Santa Ana y al sur con la calle Manuel Formoso Lamas.

En 1999 el Ayuntamiento de Chantada acordó la delimitación del “Área de Rehabilitación” y firmó un convenio con la Consellería de Política Territorial, Obras Públicas y la Consellería de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia, iniciándose en 2001 la 1º Fase de rehabilitación con 25 acciones.

Los interesados en acometer la rehabilitación de un edificio situado en el casco antiguo deben dirigirse a la  Oficina de Rehabilitación del Casco Antiguo, donde serán atendidos personalmente.

INFORMACIÓN Y REQUISITOS NECESARIOS PARA LAS AYUDAS
1. Actuacións de rehabilitación

- Restauración.
- Conservación.
- Consolidación.
- Acondicionamento.
- Reestruturación.
- Ampliación, así como substitución de edificacións non catalogadas.

2. Obras de urbanización ou reurbanización

As obras de urbanización ou reurbanización, que se pretenden realizar son, as seguintes:

- Melloras das infraestruturas.
- Pavimentos.
- Implantación de mobiliario urbano e sinalizacións.

Para realizar o estudo de rehabilitación clasificáronse os inmobles segundo o seu estado de conservación, resaltando o contraste entre edificios en bo estado, respecto a outros en moi mal estado ou ruinosos, sendo a súa clasificación: bo, malo, ou ruínas.

Tamén hai que definir os graos de rehabilitación, para clasificar as distintas rehabilitacións posibles. Estes graos son os seguintes: Lixeira, media, pesada, e ruinosa.

Tódalas obras de rehabilitación teñen que ser compatibles co planeamento urbanístico vixente, sendo a clasificación en función da situación máis desfavorable.

3. Área de rehabilitación

A “Área de rehabilitación do Casco Antigo” abrangue un total de 162 edificios con 343 vivendas, que ocupan unha superficie construída de 45.833 m2, o seu estado de conservación varía entre bo, malo e en ruínas, situados nas seguintes rúas:

− Rúa Leonardo Rodríguez.
− Avenida de Ourense.
− Rúa Calvo Sotelo.
− Rúa Antonio Lorenzana.
− Rúa Alemaña.
− Praza do Mercado.
− Rúa Luciano Travadelo.
− Travesía de Calvo Sotelo.
− Travesía Tras dos Fornos.
− Rúa Trovador Xoán de Requeixo.
− Rúa Tras dos Fornos.
− Rúa Luís Souto Lemos.
− Praza de España ou Praza do Cantón.
− Rúa Dous de Maio.
− Rúa Manuel Formoso Lamas.
− Rúa Daniel Vázquez Boó.
− Calexo do Curro.

4. Características das axudas

A Oficina Municipal da Área de Rehabilitación do Casco Antigo facilitará gratuitamente a asistencia técnica necesaria para a realización das obras que o solicitante desexa acometer.

Os Técnicos da Oficina encargaranse da redacción das memorias valoradas, dos contratos da obra, da supervisión, control e informe de recepción final das mesmas.

5. Quen pode solicitar estas axudas?

− Os propietarios e usufrutuarios de vivendas e edificios destinados a vivendas.

− Os inquilinos de vivendas ou edificios de vivendas que teñan autorización da propiedade para acometer obras na vivenda no edificio que ocupan como arrendatarios.

− As comunidades de propietarios ou veciños con capacidade legal para decidir as obras nos edificios ou vivendas.

6. Intervencións Protexibles

As obras que se subvencionarán serán as incluídas nun ou máis dos seguintes apartados:

6.1. Intervencións Protexibles Básicas:

– Instalación eléctrica: renovación, mellora, ampliación e creación de novos circuítos no interior da vivenda e espazos comúns do edificio.

– Instalación de fontanería: renovación, mellora e creación de novas conducións, sistema de quentamento de auga e calefacción.

– Instalación de saneamento: renovación, mellora, ampliación e creación de novas conducións horizontais e verticais, a súa conexión coa rede xeral de saneamento.

– Instalacións sanitarias: substitución e colocación de elementos sanitarios, incluído as billas.

– Acondicionamento de cociñas e baños: renovación e mellora de locais húmidos, acabados horizontais e verticais, protección de elementos estruturais. Instalacións de shuts e ventilacións forzadas.

– Consolidación da estrutura degradada da cuberta con materiais tradicionais e, nos casos en que sexa conveniente, con perfilaría de aceiro e reposición de pontóns de madeira.

6.2. Intervencións Protexibles Complementarias:

– Reparación ou substitución de elementos de cerramento e carpinterías, afectadas polas obras de acondicionamento de locais húmidos.

– Reparación ou substitución de carpinterías exteriores.

– Modificación de distribución sempre que sexa para mellorar as condicións de habitabilidade da vivenda (iluminación e ventilación), e complementarias ás intervencións en instalacións.

– Reparación ou conservación dos elementos de formación da cuberta, co obxectivo de procurar a estanqueidade.

– Acondicionamento de portais e accesos a vivendas: Instalación de porteiro automático, reparación e pintura, renovación o substitución de instalacións eléctricas. Reparación o substitución de portas de acceso.

– Reparación e tratamento de fachadas: Limpeza de pedra, reparación de revocos e enfuscados, consolidación de fendas.

7. Orzamentos e contías das axudas

Orzamentos
O presuposto protexible será o custe real das obras a realizar, sempre que estean incluídas nas actuacións protexibles previstas e coas seguintes limitacións:

– Consultar na Oficina de Rehabilitación do Casco Antigo as condicións actuais.

Contía
A contía das axudas será sobre o importe de execución das obras en función dos ingresos da unidade familiar:

– Consultar na Oficina de Rehabilitación do Casco Antigo as condicións actuais.

8. Solicitudes e documentación

9. Situación

O actual Casco Antigo presenta unha estrutura lonxitudinal configurada por un eixe dominante: Rúa Leonardo Rodríguez, Rúa do Comercio, Rúa Dous de Maio e Rúa Manuel Formoso Lamas, que se estende en dirección norte-sur, dende a Praza de Santa Ana ata o Río Asma.

Rueiro do Casco Antigo de Chantada

Rueiro do Casco Antigo de Chantada

Dos 162 edificios existentes que o forman, tres edificios destínanse ao equipamento público:

– Igrexa de Santa Mariña
– Casa da Cultura
– Edificio do Concello

Os 155 edificios destinados a uso residencial agrupan un conxunto de 343 vivendas.

CONTACTO

DIRECCIÓN

Praza do Cantón, 1
27500 Chantada

TELÉFONO

982 44 00 11

HORARIO

Lunes a Viernes
9:00 a 14:00

Los horarios aquí reflejados pueden variar, para mayor seguridad, consulte en los medios de contacto facilitados.

Comments are closed.