Economía
Economía
Anterior
Seguinte
FEIRAS TRADICIONAIS
E MERCADO DE ABASTOS​
Feiras Tradicionais e
Mercado de Gando
Anterior
Seguinte
Feiras tradicionais mensuais

Os días 5 e 21 de cada mes en Chantada celébranse as feiras tradicionais.

Nestes días durante toda a mañá as rúas da vila énchense de postos de venda ambulante. Nas inmediacións da Praza de Abastos e da Praza do Mercado instálanse postos tradicionais onde os veciños das aldeas do concello e arredores poñen á venda produtos agrícolas de tempada, mel, queixo, pan… e animais de curral coma coellos ou galiñas.

Tamén neses días un mercado ambulante ocupa as rúas de da vila, principalmente a Avenida Xoán XIII, a rúa Formoso Lamas e Alameda Costa Clavell rematando no Mercado Gandeiro.

Mercado Gandeiro

Mercado Gandeiro, dispón de pavillóns e edificios dedicados á exposición e venda de gando maioritariamente bovino pero tamén porcino, ovino, caprino, e mesmo equino, ademais de maquinaria e outros produtos relacionados coa agricultura e gandería.

O Mercado de Gando acolle tamén un pavillón cuberto onde se pode mercar o polbo á feira acompañado de pan e viño, para consumilo nas súas instalación ou para levar.

INSTALACIÓNS E CARACTERÍSTICAS

Instalacións

Subministracións

Subministracións

CONTACTO

ENDEREZO

Avenida dos Pilos, S/N
27500 Chantada, Lugo

TELÉFONO

982 44 01 29

HORARIO

Luns a venres
8:00 a 14:00

Comments are closed.

Pechar fiestra de busca