Coñece Chantada
Coñece Chantada
Anterior
Seguinte
Anterior
Seguinte

Chantada é cabeceira de comarca, coa que comparte nome, integrada tamén polos concellos de Taboada e Carballedo. Localízase en Galicia, ao suroeste da provincia de Lugo. Limita ao norte con Taboada, ao sur con Carballedo, ao leste co Saviñao e Pantón, e ao oeste coa provincia de Pontevedra. Os seus límites naturais son a Serra do Faro (oeste) e o río Miño (leste).

O TERRITORIO E A SÚA XENTE

O termo municipal de Chantada comprende un total de 36 parroquias, 320 lugares e ten unha extensión total de 176,7 km².

Ten 8.083 habitantes dos cales 3.902 son homes e 4.181 son mulleres, posúe unha densidade de poboación de 45,74 hab./km² (INE 2022).

0
PARROQUIAS
0
LUGARES
0
KM2
0
HABITANTES
0
HOMES
0
MULLERES
0
PARROQUIAS
0
LUGARES
0
KM2
0
HABITANTES
0
HOMES
0
MULLERES

*Datos do INE de 2022

Parroquias
  • Patroa: Santa Baia
  • Arciprestado: Navego
  • Igrexa: Románica, reedificada no s. XVI
  • Superficie: 6,67 Km²
  • Latitude: 42º 39' 36.03" N
  • Lonxitude: 7º 48' 35.8" W
  • Habitantes: 105 (INE 2019)
  • Densidade: 17,69 hab./km²
  • Lugares (16): Adá, Casdemiro, A Chanca, Erosa, Mundín, Quinzán da Vila, Surribas, Vilar, Xestoso.

  • Patroa: Santa María
  • Arciprestado: Navego
  • Patrimonio:
    • Igrexa románica, construída no s. XII e reformada no s. XVIII
  • Superficie: 6,75 Km² 
  • Latitude: 42º 39' 50.13" N
  • Lonxitude: 7º 50' 53.47" W
  • Habitantes: 116 (INE 2019)
  • Densidade: 17,33 hab./km² 
  • Lugares (9): Arcos, Arsilleiros, Casteda, Os Catro Camiños, A Elfe, Gomesende, Lamasendín, Mouriscados, Outeiro, Río, Souto, Suatorre, A Torre, O Vento, Vilanova, Vilariño.

  • Patrón: San Vicente
  • Arciprestado: Navego
  • Patrimonio:
    • Igrexa románica, construída no s. XII, con reformas na nave e sancristía no s. XVIII
    • Capela de Gordón, do século XVII e principios do XVIII
    • Cruceiro de Argozón
  • Superficie: 7,58 Km² 
  • Latitude: 42º 39' 56.77" N
  • Lonxitude: 7º 52' 3.86" W
  • Habitantes: 152 (INE 2019)
  • Lugares (10): Amorín de Abaixo, Amorín de Arriba, Ansemil, Cotobade, Ferreiros, Freán, Gordón, Quinzán das Peras, San Vicente, Vilameá.

  • Patrón: San Bartolomeu
  • Arciprestado: Chantada
  • Patrimonio:
    • Capela da Ermida, século XVII
  • Superficie: 0,37 Km²
  • Latitude: 42º 35' 26.59" N
  • Lonxitude: 7º 43' 32.96" W
  • Habitantes: 21 (INE 2019)
  • Lugares (2): Belesar, A Ermida

  • Patroa: Santa María
  • Arciprestado: Navego
  • Patrimonio:
    • Igrexa Románica do s. XII que se conserva íntegra, a excepción de reformas barrocas na portada e na sancristía
  • Superficie: 4,98 Km²
  • Latitude: 42º 34' 41.93" N
  • Lonxitude: 7º 52' 46.34" W
  • Habitantes: 36 (INE 2019)
  • Lugares (7): Agra, Bermún de Abaixo, Bermún de Arriba, Piñeiro, Randolfe, A Trapela, Usuriz

  • Patrón: San Salvador
  • Arciprestado: Chantada
  • Patrimonio:
    • Igrexa románica, conserva íntegra a súa fábrica orixinal, excepto pequenas reformas do século XVIII na portada, laterais e sancristía.
  • Superficie: 6,46 Km²
  • Latitude: 42º 35' 53.74" N
  • Lonxitude: 7º 47' 36.92" W
  • Habitantes: 99 (INE 2019)
  • Lugares (7): Asper, Baltar, Brigos de Abaixo, Brigos de Arriba, As Casas Novas, Eiriz, Faluche

Adá (Santa Baia) | Arcos (Santa María) | Argozón (San Vicente) | Belesar (San Bartolomeu) | Bermún (Santa María) | Brigos (San Salvador) | Camporramiro (Santa María) | Chantada (Santa Mariña) | Esmeriz (Santa Mariña) | Esmoriz (San Xillao) | Fornas (San Cristovo) | A Grade (San Vicente) | A Laxe (San Xoán) | Líncora (San Pedro) | Mariz (San Martiño) | O Mato (San Xillao) | Merlán (San Tomé) | O Monte (San Miguel) | Mouricios (San Cristovo) | Muradelle (San Paio) | Nogueira de Miño (Santa María) | Pedrafita (Santa Baia) | Pereira (San Mamede) | Pesqueiras (Santa María) | Requeixo (Santiago) | Sabadelle (Santa María) | San Fiz de Asma (San Fiz) | San Pedro de Viana (San Pedro) | San Salvador de Asma (San Salvador) | San Xurxo de Asma (San Xurxo) | Santa Cruz de Viana (Santa Cruz) | Santa Uxía de Asma (Santa Uxía) | A Riba (Santiago) | A Sariña (San Vicente) | Veiga (San Xoán) | Vilaúxe (San Salvador)

Información ampliada das 36 parroquias do municipio de Chantada.

UNHA PAISAXE DE MONTAÑA VAL E RIBEIRA

Na súa diversificada paisaxe atopamos ao oeste a Serra do Faro, ao leste a Ribeira do Miño e no centro o Val, que comprende a maior parte do termo municipal.

A Montaña
Anterior
Seguinte
A Montaña
O Monte Faro foi declarado Espazo Natural Protexido en 2004...
...dentro da RED NATURA 2000 baixo as categorías de LIC e ZEPVN
Pertence aos concellos de Carballedo, Chantada e Rodeiro
Cunha extensión de 2.988 ha e unha altura de 1.187 m sobre o nivel do mar...
...é o monte con maior altitude da Dorsal Meridiana Galega, de natureza granítica
Anterior
Seguinte

O Monte do Faro, que pertence aos concellos de Carballedo, Chantada e Rodeiro ten unha extensión de 2.988 ha, formouse sobre un bloque de granito e xisto cortado por faias e modelado pola erosión fluvial.

Cunha altura de 1.187 m é o monte con maior altitude da Dorsal Meridiana Galega, de natureza granítica. O seu cumio está redondeado de suaves ladeiras e abondosas extensións de mato e bosque e ofrécenos unha gran panorámica dos concellos limítrofes, mesmo do Pico Sacro, do Courel ou dos Ancares, en días claros.

En 2004 foi incluído na Red Natura 2000 coma Espazo Natural Protexido e posúe as categorías de LIC (Lugar de Importancia Comunitaria) e de ZEPVN (Zona de Especial Protección dos Valores Naturais).

O Val
Anterior
Seguinte
O Val
Anterior
Seguinte

O Val do Miño ocupa o curso medio-alto deste río, condicionado polos encoros de Belesar e dos Peares, os seus principais afluentes ao seu paso por Chantada son o río Asma, que cruza a vila, o río Lama e o Enviande.

A Ribeira
Anterior
Seguinte
A Ribeira
Anterior
Seguinte

No tramo de Ribeira de Belesar-Chantada, o Miño rexistra un profundo de desnivel de 300 m respecto á zona chá. As súas vertentes, de grande verticalidade, presentan unha paisaxe singular de socalcos ou bancais para o cultivo da vide.

Para aproveitar as condicións ambientais e vencer a salvaxe orografía, empréganse os socalcos, contendo a terra con “muras”. Debido a esta intervención sobre o terreo, e á escasa mecanización que admite este traballo, as tarefas desenvoltas neste espazo déronse en chamar “viticultura heroica”.

A grande diversidade da ribeira, ofrece un espectáculo natural incomparable a quen adoite perderse polos seus soutos e carballeiras ou sucando as augas dos seus ríos: tranquilidade, beleza e recunchos insólitos proporcionan posibilidades infinitas para os amantes do contacto directo coa natureza.

Clima, Fauna e Vexetación
Anterior
Seguinte
Clima, Fauna e Vexetación
Anterior
Seguinte

O clima de Chantada presenta un marcado carácter oceánico de interior, con certa continentalidade térmica nas serras e máis mediterranizado nos fondos da ribeira.

As montañas frean os ventos húmidos e diminúen a pluviosidade. Os invernos son suaves e os veráns calorosos, as temperaturas medias varían entre os 19 °C de máxima e 6 °C de mínima.

En canto á vexetación e fauna, atopamos especies autóctonas coma os castiñeiros, carballos, ameneiros, salgueiros ou bidueiros convivindo con especies foráneas coma as acacias.

Este medio natural, entre montes e ribeiras dá acubillo a multitude de especies de fauna, entre as que podemos atopar xabarís, lobos, raposos, corzos, coellosperdices, miñatos, esquíos ou morcegos entre outras moitas.

Comments are closed.

Pechar fiestra de busca