Actual, Concello, Novas|

Programación Cultural de Semana Santa en Chantada

O II Festival de Charangas que estaba programado para o día 30 de marzo en Chantada aprázase para o 11 de maio por condicións climatolóxicas adversas.

O Festival comezaba a celebrarse o ano pasado durante a Semana Santa e foi todo un éxito, polo que este ano mantíñase, como explica o concelleiro de Cultura, Manuel Diéguez, “O Festival xorde de conversas coa charanga local que propuxo este tipo de actividade. Comezamos o ano pasado e resultou moi ben. Decidimos facelo nestas datas porque moita xente visita Chantada e queriamos ofrecer unha proposta distinta para todo tipo de público, darlles alegría e festa a veciños e visitantes”.

Así a xornada do 11 de maio, previsiblemente desenvolverase conforme á seguinte axenda: comezará las 12.30h. co concerto de André Phmollo na rúa Leonardo Rodríguez. Xa pola tarde actuarán polas rúas da vila as charangas, Bicoia, Fuego Street Band, Louband e a charanga local Unión Phenosa, que desenvolverán tamén concertos en diferentes escenarios ata ben entrada a noite.

Dentro dos actos litúrxicos da Semana Santa de Chantada destaca a Procesión dos Caladiños, que organiza no Venres Santo, a confraría Xesús Nazareno Virxe Dolorosa (Se a climatoloxía é desfavorable, a Procesión desenvolverase no mercado gandeiro). Estas dúas imaxes saen ás 21:00 da igrexa nova para percorrer toda a cortorna do casco vello de Chantada. O silencio da procesión só se acompaña do toque de tambor da banda. Na Praza de Santa Ana, hai un encontro do Xesús Nazareno coa Virxe Dolorosa.

Esta procesión retomouse no 2001, pero no arquivo parroquial hai datos dunha procesión semellante hai máis de dous séculos. Por falta de relevo xeracional foise perdendo e a mediados dos anos 60 deixou de celebrarse, aínda que seguiu habendo fervor polas imaxes, pero non saían en procesión.  

Arturo Blanco, Confrade Maior asegura, cando o ano que vén celebran 25 anos, que “Estamos moi contentos coa participación. Para levar as andas das imaxes e as propias imaxes que son de madeira de cedro, o peso é bastante importante e somos ao redor de 70 confrades, sempre é importante que haxa relevo que son ao redor de 3 horas de procesión, pero temos relevo e devoción. Despois deste ano, estaremos desexando celebrar o 25 aniversario”.

 

 

 

 

 

 

Comments are closed.

Pechar fiestra de busca