Actual, Concello, Novas|

María Purificación Taboada Salgado celebra 100 anos

A veciña de Chantada, María Purificación Taboada Salgado, coñecida como Pura, vén de celebrar o seu 100 aniversario.

Natural da parroquia de Laxe, Pura leva a maior parte da súa vida en Centulle onde foi ama de casa e criou a tres  fillos, dous homes e unha muller.

No seu aniversario, o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, e a concelleira de Servizos Sociais, Cándida Carnero, fixéronlle entrega dun ramo de flores e acompañaron a Pura, xunto aos seus fillos e outros membros da familia e amigos.

O municipio de Chantada suma así 18 persoas de máis de 100 anos. Neste 2024, son 6 persoas as que como María Purificación Taboada, pasan a ser centenarias.

 

 

Comments are closed.

Pechar fiestra de busca