Actual, Concello, Novas|

O Entroido Ribeirao abría as actuacións ás 17.30h

Máis de 250 persoas participaron no Desfile de Comparsas deste sábado, 10 de febreiro, no Concello de Chantada. Desde as 17:30h., as comparsas participantes fixeron as súas actuacións no mercado gandeiro, evitando saír ás rúas ante as previsións climatolóxicas adversas.

Non quixeron faltar a esta cita co desfile de Chantada, ademais de comparsas locais, otros grupos chegados de Monforte de Lemos, O Carballiño ou Maside e precisamente foron as formación chegadas de fóra as que resultaron premiadas. Como en anos anteriores o Entroido Ribeirao abría as actuacións da tarde. Na Categoría Absoluta contábase coas seguintes comparsas:

  • Carrusel (Maside) 1º premio de 1.000,00€
  • Noite de Estrelas (O Carballiño) 2º premio de 700,00€
  • Circo Troula (Monforte de Lemos) 3º premio de 500,00€
  • A túa cara sóame (Monforte de Lemos) 4º pemio de 300,00€
  • Os Auténticos Artistas (Chantada)
  • Batukada Os Chaíños (Chantada)
  • Ken fora Barbie (Chantada)

Este ano o Concello de Chantada repartía 5.000,00€ en premios e entregaba 1.000,00€ en axudas á participación. Tamén na Categoría Infantil o desfile contou con grupos chegados de fóra, dos concellos de Palas de Rei e Antas de Ulla. Nesta categoría obtiveron premio as catro comparsas participantes:

  • La Perla Negra (Antas de Ulla) 1º premio de 1.000,00€
  • Mamma Mía Vaia Tolería!!! (Chantada) 2º premio de 700,00€
  • África Tribal (Palas de Rei) 3º premio de 500,00€
  • Vaia Circo (Chantada) 4º premio de 300,00€

Ao remate do desfile celebrouse chocolatada popular coa actuación da orquestra Trébol. A celebración destas festas segue este domingo, 11 de febreiro, no Concello de Chantada en Santiago de Arriba que o Entroido Ribeirao sae a correr o Domingo de Entroido e repetirá no Martes de Entroido para pechar as festas.

Comments are closed.

Pechar fiestra de busca