Actual, Concello, Novas|

O 10 de febreiro Chantada acolle o Desfile de Comparsas

Entroido Chantada 2023

O Entroido no Concello de Chantada comeza este domingo, 28 de xaneiro, Domingo Lambedoiro. Xornada na que se abre un dos entroidos mÔis tradicionais da Ribeira Sacra, o Entroido Ribeirao que se celebra a partir das 16:00h en Santiago de Arriba e que Ôs 11:30 farÔ un desfile polas rúas de Chantada xunto con personaxes doutros entroidos tradicionais de Galicia como o Oso de Salcedo, Boteiros e Fulións de Viana do Bolo, Troteiros de Bande, Felos de Esgos ou Farrumecos de Sobradelo..

ā€œCelebramos esta xuntanza de entroidos con entroidos amigos que veƱen celebrar con nós o que Ć© o comezo desta festa. Pola tarde, en Santiago de Arriba cruzaremos as hortas e no campo do Moredo realizaremos o Entroido, con todos os personaxes caracterĆ­sticos do Entroido Ribeiraoā€, sinala IvĆ”n GonzĆ”lez Rey da Asociación de Amigos do Entroido Ribeirao.

O Entroido Ribeirao, de especial interese polo seu carÔcter etnogrÔfico, continuarÔ coas representacións no Domingo Corredoiro, o Domingo de Entroido e o 13 de febreiro, Martes de Entroido.

Ā 

Desfile Comparsas Concello de Chantada

Como en anos anteriores serƔ o Entroido Ribeirao, co que colabora o Concello de Chantada, o que abra o Desfile de Comparsas que o concello organiza o 10 de febreiro, e que comezarƔ Ɣs 17:00h na Avda de Lugo, Ɣ altura da Domusvi.

As bases e a solicitude de participación, que se poden consultar na pÔxina web, recollen dúas categorías: Comparsas Absoluta para aqueles grupos formados por mÔis de 15 persoas e Comparsas Infantil, grupos de mÔis de 15 persoas formados integramente por menores de 14 anos, ou que mÔis dun 70 % dos seus membros sexan menores desta idade. Nas dúas categorías establécense os seguintes premios:

  • 1Āŗ PREMIO: 1.000,00 €
  • 2Āŗ PREMIO: 700,00 €
  • 3Āŗ PREMIO: 500,00 €
  • 4Āŗ PREMIO: 300,00 €

Para incentivar a participación entregaranse 100,00 € a cada comparsa de mĆ”is de 15 integrantes. Esta axuda darĆ”selle a un mĆ”ximo de 10 comparsas, de superar esta cantidade priorizarase a orde de inscrición. AsĆ­ desde o Concello de Chantada destĆ­nanse a este desfile 6.000€, 5.000€ en premios e 1.000 € en axudas. Ao remate do desfile haberĆ” chocolatada popular e actuación da orquestra Trebol.

As persoas e grupos interesados en participar poden inscribirse no Rexitro do Concello ou no telƩfono 982 440 011. Ɓbrese o prazo ao dƭa seguinte, de que esta semana saian publicadas as bases no BOP, e permanecerƔ aberto ata o 7 de febreiro, presentando:

  • Solicitude asinada polo participante ou representante legal
  • Fotocopia do DNI do solicitante e no seu caso do CIF

O mércores, día 7 de febreiro, Ôs 20:00h celebrarase unha reunión de obrigada asistencia na Casa da Cultura na que participarÔ un representante de cada comparsa. Aportarase ademais o audio, de non mÔis de 3 minutos, que se reproducirÔ durante o desfile. Esta xuntanza servirÔ para aclarar dúbidas e precisar o lugar que cada quen ocuparÔ no desfile.

O xurado valorarÔ de 1 a 10 cuestións como o vestiario e orixinalidade dos disfraces, a posta en escena durante o desfile, a simpatía e a gracia dos participantes, a orixinalidade da carroza ou plataforma, o título da comparsa ou grupo e a actuación final diante do palco.

Ā 

Ā 

Comments are closed.

Pechar fiestra de busca