Actual, Concello, Novas|

Participaron da programación infantil máis de 120 nenos/as

A programación infantil do Concello de Chantada para este Nadal contaba con variadas propostas en diferentes escenarios. O auditorio municipal acollía 5 actuacións que tiveron  moi boa acollida, contouse con visita da Apalpadora, contacontos, actuacións de maxia, paiasos e clown.

Os campamentos de Nadal que contaron con actividades de exterior e nun ximnasio adaptado para os pequenos no pavillón municipal, destínanse a idades de 3 a 12 anos en horario de 10:00 a 14:00. Os campamentos incluían servizo de madrugadores desde as 8:00 da mañá, desta proposta de conciliación participaron unha vintena de rapaces. “Os campamentos veñen funcionando de marabilla e cada vez temos máis demanda. Comezamos hai tres anos durante o verán e fomos ampliando ao Nadal e Semana Santa. O ano pasado foi a primeira vez que os celebramos en Semana Santa e contamos coa participación de máis de 100 nenos e nenas. No verán acoden máis de 200 rapaces”, destaca o concelleira de turismo, Pamela Fernández.

Durante este Nadal na casa da cultura desenvolvéronse tamén talleres creativos. Neste caso destinados a nenas e nenos de máis idade, entre 10 e 12 anos, en horario de 12:00 a 13:30. Nos talleres participaron unha quincena de rapaces. Estas actividades desenvólveas a empresa local, Velaísca, “os pais e nais están moi agradecidas porque os nenos están encantados con estas actividades”, sinala Pamela Fernández que anuncia que o Concello de Chantada prepara axudas á natalidade para as persoas empadroadas no municipio.

Finalmente na Cabalgata de Reis, xornada especialmente destinada aos pequenos, máis de 400 rapaces encheron as rúas da vila para ver a Melchor, Gaspar e Baltasar, entregando os 500 conos de chuches que se prepararon para a ocasión.

Comments are closed.

Pechar fiestra de busca