XOGADE
Competición Campo a Través/Cros Escolar

O Concello de Chantada, nun novo evento de promoción deportiva dirixido esta vez ao Atletismo, ofrece a opción de participar gratuitamente na actividade CAMPO A TRAVÉS/CROS ESCOLAR dentro da campaña XOGADE (Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar) da Xunta de Galicia.
As competicións realizaranse os domingos en horario de mañá: o 22 de outubro e o 12 de novembro en Monforte de Lemos (preparatorias) e o 17 de decembro no norte de Lugo (clasificatoria).
Toda a actividade é gratuíta, desprazamentos en autobús e seguro, e non é obrigatorio estar inscritos nas Escolas Deportivas Municipais.
Ademais, irán acompañados de 2 adultos (persoal técnico do Concello de Chantada e voluntarios).