Economía
Economía
Anterior
Seguinte
VITICULTURA
0
PARROQUIAS
0
HECTÁREAS DE CULTIVO​
0
VITICULTORES
0
ADEGAS

*Datos de 2019 – CRDO Ribeira Sacra

Viticultura
Un microclima atlántico con temperaturas suaves todo o ano...
ambiente contrastado e seco cunha forte insolación...
propicia o desenvolvemento particular da viticultura nesta zona
que se caracteriza polo cultivo en socalcos construíndo as “muras”...
para asegurar a terra e facer un mellor aproveitamento do terreo
Debido á sacrificada labor de produción e escasa mecanización...
recibe o nome de “viticultura heroica”
O viño de Chantada converteuse nun importante motor económico para o concello
...coñecido en todo o mundo, tamén é un grande expoñente turístico
Anterior
Seguinte

A orixinalidade física e os parámetros climáticos, caracterizados por un microclima atlántico consistente na suavidade das temperaturas ao longo de todo o ano, ambiente contrastado e seco cunha forte insolación, propiciou o desenvolvemento dun particular aproveitamento agrícola: A viticultura, que se caracteriza polo cultivo da uva en socalcos influíndo na paisaxe da ribeira ao longo dos séculos, construíndo as “muras” para asegurar a terra e aproveitar mellor o terreo. Debido ao sacrificado labor de produción e escasa mecanización, recibe o nome de “viticultura heroica”.

0
PARROQUIAS
0
HECTÁREAS DE CULTIVO​
0
VITICULTORES
0
ADEGAS

*Datos de 2019 – CRDO Ribeira Sacra

Crese que a vide foi introducida na comarca durante a conquista romana da Gallaecia. Pero a gran expansión do viñedo realizouse coas colonizacións monásticas medievais dende o s. VI. As comunidades monásticas, principalmente beneditinas, tiñan a misión de repoboar as terras ermas e convertelas en fértiles e produtivas.

Co paso do tempo estes cenobios arrendan as terras aos campesiños que atraídos polas posibilidades económicas deste cultivo, explotan este recurso e sacan rendibilidade vendendo o viño como produto de luxo en feiras e cidades acadando o seu maior apoxeo nos séculos XII e XIII.

Na actualidade, o viño converteuse nun importante motor da economía do concello. Coñecido en todo o mundo, é un dos seus principias expoñentes tamén a nivel turístico.

O viño de Chantada e a contorna onde se produce, coñecidos en todo o mundo, teñen unha grande importancia no concello tanto a nivel económico coma turístico.

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra, apróbase en 1996 e comprende 5 subzonas: Amandi, Ribeiras do Miño, Quiroga-Bibei, Chantada e Ribeiras do Sil.

A Subzona de Chantada abrangue un total de dez parroquias: Pedrafita, Pesqueiras, San Fiz, Belesar, San Pedro, Camporramiro, Santiago da Riba, A Sariña, Nogueira e Sabadelle.

A variedade Mencía é a máis cultivada entre as tintas, pero tamén se cultivan Brancellao, Merenzao, Sousón, Caíño Tinto, Caíño Longo e Caíño Bravo coma preferentes e Garnacha Tintureira, Mouratón, Tempranillo e Gran Negro coma autorizadas. Nas cepas cultivadas para os viños brancos atopamos Godello, Albariño, Loureira, Treixadura, Dona Branca, Torrontés, Branca Lexítima e Caíño Branco.

Comments are closed.

Pechar fiestra de busca