CHANTADA TURISMO
DESCUBRE
FESTAS, FEIRAS E EVENTOS
Eventos culturais, gastronómicos, deportivos, etc. que teñen lugar no noso concello durante todo o ano.
Anterior
Seguinte
Festas Patronais

As festas patronais celébranse na honra da Virxe do Carme a cuarta fin de semana do mes de agosto, abarcan de sábado a martes, e son as máis importantes de Chantada.

Nelas pódese desfrutar de fogos de artificio, orquestras, atraccións e actuacións do panorama musical galego e nacional.

O sábado ten lugar un dos actos máis relevantes destas celebracións, o Folión de Carros, declarado Festa de Interese Turístico (2002) e Ben de Interese Cultural (2018). O martes e último día das patronais, ten lugar a popular Festa da Empanada ao redor da capela de San Lucas, no castro de San Amaro.

Descargas

Enlaces Relacionados nesta Web

Enlaces