CHANTADA TURISMO

DESCUBRE
ENOTURISMO - BODEGAS CON VISITAS GUIADAS

Bodegas de la subzona de Chantada pertenecientes al Consejo Regulador de Ribeira Sacra que ofrecen visitas guiadas a sus instalaciones, algunas de ellas adheridas a la Ruta del Vino.

ADEGAS CON VISITAS GUIADAS
Anterior
Siguiente
A Mingona
Antonio do Nicho
NA RUTA DO VIÑO

A Mingona ten dispoñibles para as visitas dúas pequenas adegas de garda, a do “Antonio do Nicho” conservada como adega tradicional, cos apeiros cos que se traballaba antigamente, e a do“Garabito”

que arranxada para realizar catas con vistas ás ribeiras de San Fiz. Mantense nas dúas adegas a construción típica da ribeira.

Na Mingona apostan por un turismo sustentable, por iso, as visitas son para un máximo de seis persoas.

Na visita poderase ver unha adega tradicional + audiovisual + cata con vistas coñecendo a auténtica historia do Antonio do Nicho, unha experiencia 100% artesán, feito á man!

Ler máis... Ler menos

A 5,9 km de Chantada

Trascarreira, s/n
27516 San Fiz

ADEGAS CON VISITAS GUIADAS
Anterior
Siguiente
Adegas Amedo
NA RUTA DO VIÑO

A adega atópase na ribeira de San Fiz.

Conta con 12 hectáreas de viñedo propio, distribuído nas proximidades da adega e noutros puntos da ribeira do Miño, denominados Viña do Inferno, Viña do Pousadoiro e Viña do Abeado.

Complementan os seus viños coa produción de augardentes.

 

Ademais, Enoturismo Adegas Amedo ofrece xornadas personalizadas con múltiples posibilidades e experiencias en familia, parella ou amigos.

Ler máis... Ler menos

A 4,3 km de Chantada

Lugar de Tarrío, S/N
27516 San Fiz de Asma

ADEGAS CON VISITAS GUIADAS
Anterior
Siguiente
Adega Castrofiz
NA RUTA DO VIÑO
Pequena adega situada na ribeira de San Fiz, no Castro da Arribada. Nunha contorna singular, flanqueada polos ríos Miño e Asma, pódense degustar os seus caldos mentres se desfruta dunhas vistas privilexiadas.

A 5,6 km de Chantada

Estrada LU-617,  km 25,3
27516 San Fiz de Asma

ADEGAS CON VISITAS GUIADAS
Anterior
Siguiente
Adegas Condado de Sequeiras
NA RUTA DO VIÑO

A adega Condado de Sequeiras, fundada no ano 2003, está situada nunha contorna privilexiada para o cultivo dos viñedos, dispostos en bancais nas beiras do río Miño.

Atópase dentro da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, na subzona de Chantada.

 

Condado de Sequeiras posúe un espectacular viñedo no lugar de Esperón, con nove hectáreas cultivadas en terraza.

Ler máis... Ler menos

A 5,2 km de Chantada

Sequeiras 1
27514 Camporramiro

ADEGAS CON VISITAS GUIADAS
Anterior
Siguiente
Adega Diego
de Lemos · Pincelo
NA RUTA DO VIÑO

As adegas atópanse no lugar de Pincelo, na ribeira do Miño. Contan con 9 hectáreas de viñedo ecolóxico, tratado de forma natural e sen aditivos químicos.

En concreto, Diego de Lemos foi no ano 2002 o primeiro viño ecolóxico certificado de Galicia.
Ademais, destilan e elaboran licores tradicionais e ecolóxicos de Galicia: augardente, augardente de herbas e licor café.

A 8,6 km de Chantada

Pincelo
27516 A Sariña

ADEGAS CON VISITAS GUIADAS
Anterior
Siguiente
Adega do Veiga
NA RUTA DO VIÑO

Adega do Veiga intégrase nun proxecto agroecolóxico na parroquia de Belesar. Con el, búscase a posta en valor de produtos locais nunha contorna sostible.

Os seus viños, acollidos á Denominación de Orixe Ribeira Sacra, actualmente atópanse en proceso de conversión a ecolóxicos.

 

A adega tamén conta con restaurante propio, o Mesón do Veiga, onde se poden degustar produtos que contan con certificación ecolóxica.

Ler máis... Ler menos

A 5,2 km de Chantada

A Ermida s/n – 27514 Belesar

ADEGAS CON VISITAS GUIADAS
Anterior
Siguiente
Adegas e Viñedos
Lareu - SAVATELIVS
NA RUTA DO VIÑO

As instalacións de Adegas Lareu localízanse nunha antiga adega de garda do século XVIII.

Este tipo de adegas, máis grandes e frescas que as situadas na ribeira, servían para almacenar o viño unha vez elaborado.

Os seus viñedos distribúense en tres fincas situadas a media ladeira do Miño e ben orientadas. Algunhas das súas vellas cepas contan con máis de cincuenta anos. Estas combínanse con outras de nova plantación.

Ler máis... Ler menos

A 6,2 km de Chantada

Fondo de Vila 19
27516 Sabadelle

ADEGAS CON VISITAS GUIADAS
Anterior
Siguiente
Bodega Ribada
NA RUTA DO VIÑO

Bodega Ribada nace no ano 2005, aínda que a tradición vinícola da familia remóntase varias xeracións. A súa pequena adega de pedra, a poucos quilómetros de Chantada, localízase flanqueada polas ladeiras do Miño e do Asma, co viñedo aos seus pés.

A adega forma parte da Denominación de Orixe e da Ruta do Viño da Ribeira Sacra. Durante todo o ano ofrece visitas guiadas para coñecela e desfrutar das vistas mentres saborean os seus viños.
Ler máis... Ler menos

A 4,5 km de Chantada

Estrada LU-533
27516 San Fiz de Asma

ADEGAS CON VISITAS GUIADAS
Anterior
Siguiente
Os Cipreses
NA RUTA DO VIÑO

A adega familiar preside unha ladeira de viñedos que descenden cara o río Miño. Forma parte da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, mantendo viñas con diferentes variedades cultivadas manualmente.

A finca dos Cipreses está dividida en varias parcelas: A Granxa, Roimil, Tarreo da Calexa e Viña do Inferno.

Ler máis... Ler menos

A 5 km de Chantada

Estrada LU-617
27516 San Fiz de Asma

ADEGAS CON VISITAS GUIADAS
Anterior
Siguiente
Vía Romana
NA RUTA DO VIÑO

Descobre os segredos de Vía Romana a través da visita á súa adega, situada nunha antiga casa erixida sobre a ladeira oeste do río Miño. Vía Romana dispón de 14 hectáreas de viñedo propio cultivadas manualmente durante xeracións.

Nun enclave único, rodeado de viñedos dispostos en bancais, saborearemos os seus caldos da man dos seus adegueiros.

 

Ler máis... Ler menos

A 5 km de Chantada

A Ermida s/n – 27514 Belesar